Pías, Zamora

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pías, Zamora
Situación xeográfica
País España España
Comunidade autónoma Castela e León Castela e León
Provincia Bandera de Zamora.svg Zamora
Comarca Sanabria
Xeografía
Altitude 1.035 msnm
Superficie 43,98 km²
Poboación
Poboación 158 hab. (INE 2011)
Densidade 3,59 hab./km²
Información
Código postal 49580
Alcalde Ángel Castro Rodríguez (PSOE)
Páxina web

Pías é un concello da provincia de Zamora, pertencente ás Portelas e á comarca de Seabra, en Castela e León. Está encadrado dentro da denominada Alta Seabra, tamén coñecida coma As Portelas, e a integran as localidades de Barxacova, Pías e Vilanova da Serra[1].

Este concello galegofalante é considerado tradicionalmente como un dos 48 concellos da Galicia estremeira. É un dos poucos concellos bilingües da provincia de Zamora, pois os seus habitantes utilizan habitualmente o castelán e o galego.[2].

Topónimo[editar | editar a fonte]

Pías e o veciño Porto pertenceron á Encomenda de Castrotorafe. É citado como «un villar que uocitant Pilas» en 1154, pero xa Pias en 1198 e sucesivamente: «de Porto et de Pias quia non est de commenda de Senabria nec de Roureda» (1222), «inter Pias et Villamnouam» (1226).[3] Se trata sen dúbida da forma galega de "pia" (concavidade escavada en pedra), cuxa orixe pode ser tanto a referencia a un elemento da cultura pastoril ou, como máis probable, a un resto arqueolóxico sobranceiro, coma unha sepultura antropomorfa en pedra. [4] Se non alude a unha sepultura escavada en rocha, pode ser outra a explicación. Máis probable que un bebedoiro, é a referencia a cavidades picadas nunha lancha ou rocha plana que aflora ao chan. En Paradela de Mogadouro (Portugal), dise dunha paraxe chamada Lombo dás Pias que foi obra de pastores e cabreiros que as usaban como recipiente para a muxidura directa do seu gando durante as merendas; alí se migaba, sobre a rocha, o pan de centeo.[5] O mesmo acontecía nas Hurdes, onde tales cavidades servían para a muxidura in situ e o almacenamento de leite das cabras.[6][7]

Poboación[editar | editar a fonte]

Pías posúe unha poboación moi avellentada, onde só o 1,27% da poboación ten 15 anos ou menos, e menos dun 14 % do total da poboación ten menos de 30 anos (SIE 2010).

Evolución demográfica
1991 1996 2001 2004 2010
303 255 215 201 157

Notas[editar | editar a fonte]

  1. usuarios.multimania.es/aureano/galicia_portelas.htm
  2. Cultura de Lubián
  3. CASADO QUINTANILLA, Blas (2007) 'Colección documental do priorado de San Marcos de León, da Orde de Santiago (1125-1300)' Col. Fontes e Estudos da Historia Leonesa, León.
  4. RIESCO CHUECA, Pascual (2010) "Novas conxecturas de toponimia zamorana", Anuario 2008, Instituto de Estudos Zamoranos Florián de Ocampo, Deputación de Zamora, pp. 359-436.
  5. PEREIRA, Ana Maria Pires Palhas (2002) 'Paradela, Mogadouro, terra de histórias sem idade', Medisa.
  6. BARROSO GUTIÉRREZ, Félix (1993) 'As Hurdes: visión interior '. Centro de Cultura Tradicional. Deputación de Salamanca.
  7. RIESCO CHUECA, Pascual (2000) Medio natural e poboamento na toponimia maior de Zamora, extraido' do 'Anuario 2000, Instituto de Estudos Zamoranos "Florián de Ocampo" Deputación de Zamora, páx. 449-500.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Concellos galegofalantes | provincia de Zamora : As Portelas

Hermisende | Lubián | Pías | Porto

Parcialmente galegofalante
Pedralba de la Pradería (Calabor)