Río Tera
| Tera | |
![]() Panorámica do río Tera. |
|
| País | |
| Rexión | n/d |
| Nacemento | |
| Altitude | n/d |
| Lonxitude | 153 |
| Caudal medio | |
| Conca | 2.415 |
| Desembocadura | Esla |
O río Tera é un afluente do Esla, que a súa vez é un afluente do río Douro pola súa beira dereita.
O seu percorrido de 153 km transcorre enteiramente na provincia de Zamora; a superfice da súa cunca hidrográfica abrangue un total de 2.415 km².
O Tera nace nas estribacións meridionais da Pena Trevinca, na paraxe denominada Veiga de Tera, nun antigo circo glaciar, bañando inicialmente a comarca de Sanabria, onde atravesa a lagúa glaciar de Sanabria, e a cabeza comarcal, Puebla de Sanabria. Logo de ter comezado un sentido norte-sur, pouco despois desta última localidade xira para realizalo en sentido oeste-leste, ata unirse ao río Esla, na comarca da Tierra del Pan, varios quilómetros ao Sur de Benavente.
O afluente máis importante é o río Negro, que amete a súas augas pola beira esquerda. O río Castro é o máis importante pola dereita.
