Macizo de Pena Trevinca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vista de Pena Trevinca.

O macizo de Pena Trevinca forma parte das serras orientais de Galiza e está situado na confluencia da provincia de Ourense coas provincias de Zamora e León. Son 5 as serras que se consideran parte deste macizo: a serra do Eixo, a serra da Mina, a serra Cabreira, a serra Calva e a serra Segundeira.

Formouse na oroxenia herciniana e sufriu importantes fracturas na oroxenia alpina, o que deu lugar a unha paisaxe de precipicios e barrancas. Neste macizo conflúen a rexión eurosiberiana e a rexión mediterránea.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]