Conversa:Pena Trevinca

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Untitled[editar a fonte]

O artigo de Pena Trevinca di: "Se ben Cabeza de Manzaneda é o pico no interior de Galiza con máis altitude."

Se "pico no interior de Galiza" significa estar completamente dentro, no interior do territorio da Comunidade Autónoma Galega (en oposición a Pena Trevinca cuxa aba leste cae no exterior da C.A. de Galiza) en tal caso Cabeza de Manzaneda non é o pico interior de Galiza con máis altitude. O pico interior de Galiza con máis altitude, seguindo o anterior criterio, sería o Maluro (1930m) ou mesmo o Sestil (~1980m) ou A Valigota (~1990m), seguidos de varios altos de máis de 1800m como o Turrieiro (1875m), o Fiol (~1840m), ou o Pedroso (1875m), todos eles de altitude superior a Cabeza de Manzaneda (1775m sobre o Atlántico). —o anterior comentario sen asinar foi feito por 89.241.163.243 (conversacontribucións) ás 22:28 do 16 setembro 2007 (UTC)

Edicións reiteradas[editar a fonte]

Volver a escreber un texto unha e outra vez non é garantía de que permaneza na wikipedia, se alguén está en desacordo cos dados deste artigo, que aporte fontes de acordo coas nosas regras:

edicións sen xustificar serán eliminadas, e pregamos ao usuariocon IP 79.145.47.183 que non volva a repetir edicións eliminadas. Un saúdo e lamento as molestias. --emilio juanatey(talk) 09:49, 30 outubro 2007 (UTC)

Uso do termo Galiza

Oficialmente, o nome da unión de A Coruña, Ourense, Lugo e Pontevedra é Comnidade Autónoma de Galicia (Lei 4/1981). Por iso reclamo que se aporte este topónimo no artigo.

En España, as medicións topográficas realízanse en referencia ao European Datum e nivelacións con respecto ao Mar Mediterráneo en Alicante, por iso me parece absurdo o incluir medicións con respecto ao Atlántico ¿onde? ¿En Puebla del Caramiñal ou en La Guardia?, ¿ou en Punta Umbría?.

Con respecto á localización, Pena Tervinca se atopa entre as provincias de León e Zamora (a non ser que haxa algún que considere esas zonas como integrantes da "Gram Galiza"). Ademais cítanse outros picos como pertemcentes a Galicia, e non o son en absoluto, pertencen á Comunidade Autónoma de Castilla e León.

Saúdos cordiais —o anterior comentario sen asinar foi feito por 79.145.47.46 (conversacontribucións) ás 23:09 do 30 outubro 2007 (UTC)

Fontes[editar a fonte]

Ninguén pon ningún problema aos dados aportados, eu mesmo non teño nen idea disto, o que non se pode e que un editor poña una dato e outro o borre e poña outro sucesivamente, o que teña información que a aporte (cita dun libro, link.. o que sexa) e fechamos a cuestión. Esta é a politica da galipedia:

Un saúdo e lamento as molestias ás persoas non familiarizadas coas políticas --emilio juanatey(talk) 11:08, 31 outubro 2007 (UTC)

O pico maior do interior de Galicia[editar a fonte]

1) Isto non é materia opinábel, 2) A matización dentro do artigo Pena Trevinca semella que tente "rebaixar" a súa galicidade ou galeguidade, 3) A GEG, t. 2, tanto nas versións castelán, primeiro, e, galega, posterior, no artigo Altitude di: "a máxima altitude do interior de Galicia correspóndelle a Cabeza de Mazaneda con 1778 m". Obsérvese que di do interior-de-Galicia, non da Galicia-interior. Quen redactou o artigo non verificou datos. Isto é o que debe facer un administrador. En ambas versións danse listas diferentes de altitudes. Na versión castelán, Cabeza de Manzaneda figuraba no terceiro lugar, despois de Pena Trevinca e a Pena Rubia, ambas superiores (pero ambas dúas lindando con provincias non galegas, sen que se informe expresamente); na versión galega recente, con gráfico, danse 10 picos, nos que non figura Cabeza de Manzaneda (mais tampouco o Maluro).

Que a maior altura do interior-de-Galicia (é dicir, altura arrodeada completamente de terra galega, é o Maluro, é moi fácil de comprobar, aínda que algo traballoso para vistas cansadas). O Instituto Geográfico Nacional de España (basta escreber ing no buscador) ten a disposición tódolos mapas de 1:50.000 e 1:25.000 españois. Basta percorrer as lindes de Galicia en Lugo e Ourense. Como eu xa o fixen hai anos, non atopei, completamente dentro de Galicia ningunha altura superior á do Maluro (salvo curvas de nivel que ascendan a montes superiores como Trevinca, Pena Negra, etc). Para aforrar traballos, a vella versión da GEG, da un mapa do concello de A Veiga (buscar Veiga, A, t. 30) onde se se ve con claridade a situación do Maluro, nas lindes dos concelllos de Carballeda de Valdeorras e A Veiga, e enteiramente en territorio galego. Como Maluro ten entrada aparte na GEG e na Enciclopedia Ir Indo, nesta di literalmente: "Maluro. Monte situado no límite das parroquias da Ponte (A Veiga) e Casoio (Carballeda de Valdeorras). O seu cumio acada os 1925 m de altitude", e algo semellante na GEG. Mais na mesma enciclopedia Ir Indo, s.v. Veiga, A, no subapartado de Xeografía física, indícase que a súa altura é de 1934 m. É dicir, a súa altura pode ser obxecto de discusión, segundo a cota que se colla (como se pode ver nalgún mapa). Na obra de Enrique Vélez Blanco e Mª Carmen Pereiro, As montañas de Galicia. 15 itinerarios coa súa xeoloxía, flora e fauna, esquemas e mapas. Vigo. Xerais. 1993 (ISBN 84-7507-763-5), pódense tamén consultar mapas. Así na páx. 206 pódese ver un mapa na páx. 206, onde o Maluro figura con 1934 m., e tamén se ve claramente que está totalmente "dentro" de Galicia. Como nativo da Galicia oriental impórtame ben pouco canto mida o monte máis alto do interior-de-Galicia ou da Galicia-interior, se ese me din que é Cabeza de Manzaneda, para min tamén da Galicia oriental, porque o vexo con frecuencia desde máis a Oriente, en cambio desde Ourense, capital, nin o poden ver; e, desde logo, neste artigo a matización sobra. É como se dixeran: o río galego que máis auga leva é o Miño e non o Sil. O que vin a diario, por anos foi o Sil e non o Miño.-- Bodo, 4 setembro 2008, 21:06 —o anterior comentario sen asinar foi feito por 85.91.81.188 (conversacontribucións) ás 19:05 do 4 setembro 2008 (UTC)

Altura definitiva: 2.127 m[editar a fonte]

A discusión sobre se Pena Trevinca é galega ou non, por limitar con Zamora; ou se outros están na Galicia interior ou no interior de Galicia é algo que me parece estéril. Canto a altura de Pena Trevinca atopo datos contraditorios, pero as fontes oficiais parecen coincidir nos 2.127 m (Decreto 131/2008 polo que se declara zona ZEPA e Instituto Xeográfico Nacional); tamén dan esta cifra a Enciclopedia Galega Universal e a Gran Enciclopedia Galega, e mais outras páxinas na rede. A Xunta parece ter algunha dúbida cando afirma 3 altitudes na súa web de Medio Ambiente:

  • ZEPVN Pena Trevinca: "a altura máxima do espazo é de 2.120 m s.n.m."
  • Rede galega de espazos protexidos: "ata a súa cota máxima de 2.124 metros en Pena Trevinca"
  • Decreto 131/2008, de 19 de xuño (DOG nº 124, de 27.06.2008): "cunha altura máxima de 2.127 m. no pico de Pena Trevinca".

Saúdos, Pedro --Lameiro (conversa) 17:13, 23 decembro 2008 (UTC)

A primeira altitude que comentas está ben. As diferenzas de altitude débense á forma de cálculo da altitude. Comentaban que se Atlántico ou Mediterraneo, pero ese debate xa non ten lóxica. Esas medición fanse medicións por satélite, entre outras, e estandarízanse a nivel internacional. Indiquei no texto a lei de 2007 na que se indica que o sistema de referencia xeodésico que empregan os mapas oficiais españois son do sistema global ETRS89. Mgl.branco (conversa) 29 de outubro de 2017 ás 11:43 (UTC)[responder]

Dúbidas[editar a fonte]

Sinforme é un tipo de pregamento e oligotrofía un condicións dun ecosistema. Corrixín o erro ortográfico meu e puxen as ligazóns. Graciñas pola revisión!!.Mgl.branco (conversa) 3 de setembro de 2018 ás 08:23 (UTC)[responder]