Yogyakarta

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Yogyakarta é unha cidade de Indonesia situada no centro da illa de Xava preto da súa costa meridional, entre as ladeiras do volcán do Monte Merapi ao norte e o Océano Índico. Capital da provincia homónima de Yogyakarta (Daerah Istimewa Yogyakarta, a máis pequena do país excluíndo a capital Iacarta) conta cunha poboación de seu de 388.088 habitantes (censo 2010), centro dunha fértil rexión agrícola que concentra máis de tres millóns de habitantes. Afamado foco da cultura e arte tradicional xavanés, é tamén unha importante cidade universitaria.

Parte do reino budista de Sailendras no século VII, acadou relevo cando foi elixida capital do Sultanato de Yogyakarta en 1755, data na que configurouse coma vila con centro no Pazo do Sultán (Kraton) e un gran eixo cerimonial norte-sur (Jalan Malioboro), hoxe a principal rúa da cidade.