Santanyí

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Escudo de Santanyí
Localización de Santanyí na illa de Mallorca.

Santanyí é un concello das Baleares, sito na illa de Mallorca. A súa área ocupa 124,47 km², e a súa poboación en 2007 era de 11.720 habitantes. A capital do concello é a entidade do mesmo nome, que ten arredor de 3.000 habitantes.

Índice

Descrición [editar]

Santanyí é o concello mallorquino máis meridional da illa. Pertence á comarca do Migjorne limita con os municipios de Ses Salines, Campos e Felanitx. Conta con numerosas calas, ás que hai unha afluencia turística notábel, como son Cala Figuera, Cala Santanyí, Cala Mondragó, Portopetro e máis Cala d'Or.

Poboacións [editar]

Praza Maior de Santanyí

O concello agrupa once localidades: S'Alqueria Blanca (993 habs.), Cala d'Or (3.693 habs.), Cala Figuera (614 habs.), Calonge (831 habs.), La Costa (29 habs.), Es Llombards (541 habs), Portopetro (551 habs.), [Santanyí]] (3.014 habs.), Cala Llombards (304 habs.), Cala Santanyí (487 habs) e máis Cap d'es Moro (115 habs.).

Véxase tamén [editar]

Outras páxinas [editar]

Ligazóns externas [editar]