Santa Eulària des Riu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 38°59′05″N 01°32′01″E / 38.98472°N 1.53361°E / 38.98472; 1.53361

Santa Eulària des Riu
Escut de Santa Eulària des Riu.svg
Situación xeográfica
Localització de Santa Eulària des Riu respecte de les Pitiüses.svg
País España España
Comunidade autónoma Illas Baleares Illas Baleares
Provincia Illas Baleares Illas Baleares
Illa Ibiza flag.svg Eivisa
Xeografía
Altitude 52 msnm
Superficie 153,48 km²
Poboación
Poboación 34.946 hab. (2012)
Densidade 227,69 hab/km²
Xentilicio Eularienc/a
Información
Código postal 07840
Alcalde Vicente Alejandro Marí Torres (PP)
Páxina web www.santaeulariadesriu.com

Santa Eulària des Riu é un concello das Illas Baleares, situado na zona oriental da illa de Eivisa. É o segundo concello máis poboado da illa con 34.946 habitantes (2012), por detrás da vila de Eivisa.

Historia[editar | editar a fonte]

Vista da vila

Na época musulmá a zona chamábase Xarc. Coa conquista aragonesa modificouse a división da illa en cuartos similares á organización municipal actual. O cuarto de Santa Eulària correspondeu ao infante Pedro de Portugal, señor feudal de Guillem de Montgrí, bispo de Tarragona, o cal tiña os dereitos reais de conquista. O rei de Aragón Xaime I adquiriu os dereitos de Pedro de Portugal, pasando a chamarse «Quartó del Rei». Isto aportou algúns problemas xurídicos xa que o rei, en Eivisa, era señor feudal do bispo de Tarragona o cal, á súa vez, era vasallo do rei de Aragón.

A localidade xurdiu arredor da igrexa na cima do Puig de Missa. A igrexa actual é do século XVI así como a torre anexa desde a que se podía defender con artillería toda a comarca.

Xeografía[editar | editar a fonte]

O termo municipal comprende, ademais da parroquia de Santa Eulària des Riu, as de Sant Carles e Santa Gertrudis, e tamén a parroquia de Nostra Senyora de Jesús e el Puig d'en Valls.

O nome de Santa Eulària provén da igrexa que construíron inmediatamente despois da conquista. Ademais, ten o único río da illa, importante na época polo regadío da horta e polos muíños fariñeiros.

Demografía[editar | editar a fonte]

Evolución da poboación de Santa Eulària des Riu dende o ano 1950 ata agora:

Poboación por entidades:

  • Nostra Senyora de Jesús: 4.499 hab.
  • Puig d'en Valls: 3.613 hab.
  • Sant Carles de Peralta: 3.195 hab.
  • Santa Eulària des Riu: 13.737 hab.
  • Santa Gertrudis de Fruitera: 1.680 hab.

Política[editar | editar a fonte]

A repartición de escanos nas dúas últimas lexislaturas quedou deste xeito:


PSOE PP ExC Total
2011 6 14 1 21
2007 8 13 0 21

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Santa Eulària des Riu