Serra de Tramuntana

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A serra de Tramuntana con o Puig Major.

A serra de Tramuntana é un cordal montañoso que forma a beira noroccidental da illa de Mallorca, limitando as terras do interior con o mesmo Mar Mediterráneo. O seu pico máis elevado é o Puig Major cunha elevación de 1450 m.s.n.m.

A serra debe o seu nome a que protexe a illa de Mallorca do vento do mesmo nome, a tramuntana ou tramontana, o vento norte.

Cabo Formentor

Descrición xeral[editar | editar a fonte]

A Tramuntana esténdese de punta a punta da illa desde a península de Andratx no extremo occidental sur até o cabo de Formentor no confín noroccidental, ao longo de 90 km de lonxitude. Dentro deste cordal poden diferenciarse varias serras menores, entre as que podemos sinalar a serra de Alfàbia, a serra de Son Torrella e a serra de Sant Viçenc, que en realidade se agrupan no centro, e fórmana as elevacións superiores.

O conxunto da cadea cobre algo máis de 1.067 km2, espallándose por 18 concellos.

Xénese e tectónica[editar | editar a fonte]

Historicamente o serra é unha prolongación do arco montañoso penibético, que, cinguido na actualidade á costa sudoriental, chega até o cabo da Nao, desde onde se continúa pola illa de Eivisa e desde aí até Mallorca e a serra de Tramuntana. Os materiais básicos daquel arco son margas de xeso e calcarias procedentes do Secundario, e que se observan tamén nesta cadea setentrional da illa balear. Tectonicamente a Tramuntana presenta en conxunto un estilo alpino.

Alturas[editar | editar a fonte]

A Tramuntana desde as aforas de Calvià.

A maioría das cimas apenas chegan aos 1.000 metros. As máximas elevacións sitúanse na serra de Son Torrella, na que xunto o Puig Major, se ergue a segunda elevación da illa, o Puig de Nassanella con 1.345 m. No sur do cordal, o Galatzó con 1.026 m é a cima máis alta. No extremo norte -serra de Sant Viçenc - as alturas diminúen bastante, o pico de Cornavacas ten xusto 500 metros, mentres o Fumat só atinxe 354 m.

Colector de augas[editar | editar a fonte]

A serra de Tramuntana recolle as máis das chuvias que se aproximan a illa, e tamén as máis escasas nevadas, polo que é un colector de agua no que nacen os ríos, relativamente importantes, de Mallorca. Os de curso máis longo son os que flúen nas vertentes meridionais cara o interior da illa. Entre todos eles destaca o Sant Miquel que ten as súas fontes precisamente no Puig Major e desauga na baía de Pollença. No curso alto construíronse os dous encoros principais da illa: Gorg Blau e Cúber. Outros ríos son moito máis curtos, como o Sant Jordi, o Rec, Barbará ou Sa Riera. Porén son os subministradores da auga que precisan moitas poboacións.

Os cursos de auga da vertente norte son de percorrido moito máis curto porque as ladeiras dese lado desenrólanse rapidamente cara o mar. Na súa maioría son torrentes. O maior de todos é o torrente de Pareis, que desemboca na cala de Sa Calobra.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Serra de Tramuntana