Cabrera

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Cabrera (homónimos).
Cabrera
Bandeira de Mallorca Nicht vorhanden
Bandeira Escudo
Localización
Localización do Arquipélago de Cabrera

Illas Baleares
Datos
País España
Poboación (2007) Deshabitada
Superficie 1.569 ha
Coordenadas 39°09′N, 2°57′E
Maior Altura 172 m. (Na Picamosques)
Port de Cabrera
Corvo mariño moñudo

O Parque nacional do Arquipélago de Cabrera é un conxunto de illotes españois pertencente ao arquipélago balear que foi declarado Parque nacional marítimo terrestre en 1991.

Administrativamente este arquipélago pertence ao termo municipal de Palma de Mallorca.

[editar] Historia

A illa de Cabrera e os illotes maiores foron visitados polas principais civilizacións mediterráneas: fenicios, cartaxineses, bizantinos e romanos.

Durante os séculos XIII e XIV a illa de Cabrera e o seu porto natural era utilizado por piratas berberiscos como base desde onde atacar as costas mallorquinas. Por este motivo, xa no século XIV, construíuse un castelo na entrada do porto. Este castelo evitaba que se usase o porto como base pirata e permitía unha maior vixilancia das augas próximas a Mallorca.

En 1808 estala a Guerra da Independencia Española. Os soldados franceses que foron feitos prisioneiros na batalla de Bailén terminaron encarceados na illa de Cabrera. En realidade non había ningún edificio que puidese chamarse cárcere, a catividade era o propio illamento da illa. Este cativerio terminou en 1814 ao asinarse a paz. Debido á escaseza de recursos da illa e a falta de subministracións por parte das autoridades da Xunta de Defensa de Mallorca, non máis da metade seguían vivos ao finalizar a guerra e en recordo destes prisioneiros erixiuse un monólito na illa.

A finais do século XIX a illa de Cabrera pasa a ser propiedade privada. Os donos, a familia Feliu, intentan o cultivo de vide na illa. Para iso construíron unha adega, que se utiliza actualmente como museo.

En 1916 o arquipélago é expropiado por intereses de defensa. Establécese na illa de Cabrera unha pequena guarnición. A illa utilizaríase ata a súa conversión en Parque Nacional como área de práctica de tiro. Esta presenza militar protexeu a contorna natural ao evitar que o arquipélago fose obxecto de especulación inmobiliaria.

En marzo de 1991 declárase Cabrera como Parque Nacional Marítimo e Terrestre.

[editar] Comunicacións

O único xeito de chegar ata Cabrera é en barco. Pero ao ser un Parque Nacional, o acceso está limitado a unha cantidade de embarcacións diarias. Desde o porto máis próximo de Mallorca (Colonia de Sant Jordi) saen cada día excursións guiadas que permiten realizar unha visita á illa de Cabrera.

Castelo de Cabrera
Ferramentas persoais