Maó
| Maó | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Comunidade autónoma: | |
| Provincia: | |
| Illa: | Menorca |
| Xeografía | |
| Altitude: | 72 msnm |
| Superficie: | 117,20 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 28.942 hab. (2011) |
| Densidade de poboación: | 246,95 hab./km² |
| Xentilicio: | Maonés/a |
| Información | |
| Código postal: | 07700 - 07714 |
| Alcalde: | Águeda Reynés Calvache (PP) |
| Sitio na web: | www.ajmao.org |
Maó (en castelán: Mahón) é unha cidade balear, capital administrativa da illa de Menorca, a segunda en tamaño das illas Baleares, sede do Consell Insular de Menorca.
Comprende un concello cunha área de 116,98 km², ao que segundo datos do ano 2008 lle correspondía unha poboación de 28.904 habitantes.
Índice |
[editar] Nome oficial
Consonte o publicado no BOE de 6 de setembro de 2006, que recolle o acordo adoptado polo Consello Insular de Menorca a data de 27 de febreiro do mesmo ano, Maó é a única forma oficial deste topónimo menorquín a todos os efectos e substitúe á forma castelá oficial ate aquela altura: Mahón.
O acordo referido baséase nas normas ortográficas vixentes para o catalán, que só manteñen a grafo /h/ naqueles casos nos que haxa un precedente etimolóxico, o que non sucedía para este topónimo, derivado dunha forma latina Magon. Da mesma maneira se suprimira noutros topónimos como Vic, antes grafado Vich.
[editar] Situación xeográfica
A cidade de Maó sitúase no Leste da illa de Menorca, e ao fondo do porto de Maó. As súas coordenadas son: 39° 53′ 21″ N e 4° 15′ 49″ E. Acada uns 72 metros de altura, pero como a cidade se estende até o porto, ten importantes desniveis.
[editar] Historia
Maó áchase localizado sobre un porto natural do Mediterráneo occidental. Foi fundado por un dos xenerais cartaxineses e irmán de Aníbal, Magón, polo que os romanos, unha vez que a anexionaron, chamárona Portus Magonis. Pasou a mans dos romanos e, coa caída do Imperio Romano, ocupárona vándalos e bizantinos. Logo sufriu frecuentes ataques dos normandos e musulmáns, ata que finalmente, no ano 903, foi conquistada e anexionada ao Califato de Córdoba. En 1287 conquistouna o rei Afonso III de Aragón. Posteriormente, en 1535, Maó sufriu un gran saqueo por parte dos corsarios de Barbarroja. Baixo o reinado de Filipe II iniciouse a construción do forte de San Filipe, deseñado por Juan Bautista Calvi, na bocana sur do porto de Maó. Tratouse dunha das obras de enxeñería militar máis impoñentes da época e reputada como inexpugnable.
Maó sufriu máis cambios de soberanía. Capturada polos británicos en 1708 durante a Guerra de Sucesión Española e cedida oficialmente a raíz do Tratado de Utrecht, pasou a ser durante setenta anos unha dependencia británica (e o porto de Maó unha base naval británica no Mediterráneo) no século XVIII. A presenza británica impulsou a economía da illa, polo que Maó, que se converteu na capital converteuse nun centro comercial e de contrabando de primeira orde no Mediterráneo. A influencia británica pódese apreciar na arquitectura local. Pola contra, Ciutadella, a antiga capital e reduto clerical e aristocrático, languidecía. Durante as diversas conquistas e reconquistas de Menorca que se sucederon durante o século XVIII o castelo de San Filipe foi mandado demoler polo rei Carlos III, quen razoou que se tal xoia da enxeñería militar deixaba de existir, os ingleses deixarían de apetecer Menorca. O resultado foi que cando os ingleses intentaron de novo reconquistar Menorca desembarcando en Cala Mesquida, non había ningunha fortificación para opórselles e puideron tomar a illa sen baixas. Posteriormente e xa no século XIX, edificouse outra impoñente edificación, esta na parte norte da bocana do porto, a Fortaleza da Mola.
Actualmente, a cidade caracterízase pola súa gran actividade económica, a maior parte dela destinada ao turismo.
[editar] Transporte
[editar] Aeroporto
A cidade conta cun aeroporto civil e militar situado a 4 km ao leste do centro da cidade, o aeroporto de Menorca. Este aeroporto ten conexións diarias coas cidades principais da península (Madrid, Barcelona, etc.), coas outras illas (Palma de Mallorca e Eivissa) e coas principais cidades do Reino Unido e Alemaña.
Na actualidade existen voos entre o aeroporto de Maó e diversas cidades de Holanda, Francia e Bélxica, como son París-Charles de Gaulle coa compañía Easy Jet, Marsella e Niza con Iberia Rexional Air Nostrum, Toulon, Amsterdam con Arkefly e Transavia e Bruxelas con Jetair Airlines e Brussels Airlines, algunhas como a ruta a Niza ou Marsella establecidas no verán de 2011.
[editar] Festividades
Entre o 6 e o 9 de setembro celébranse as festas patronais de Gràcia, en honra á Mare de Déu de Gràcia. Estas comezan co pregón a noite do 6, continuando co tradicional balbordo do 7 pola tarde e o 8 pola mañá. Paralelamente celébranse moitas actividades, como fogos artificiais, carreiras de cabalos e verbenas. O día 9 a festa vira contorna ao porto.
[editar] Véxase tamén
| Concellos das Illas Baleares |
|
| Alaior | Alaró | Alcúdia | Algaida | Andratx | Ariany | Artà | Banyalbufar | Binissalem | Búger | Bunyola | Calvià | Campanet | Campos | Capdepera | es Castell | Ciutadella de Menorca | Consell | Costitx | Deià | Eivissa | Escorca | Esporles | Estellencs | Felanitx | Ferreries | Formentera | Fornalutx | Inca | Lloret de Vistalegre | Lloseta | Llubí | Llucmajor | Manacor | Mancor de la Vall | Maó | Maria de la Salut | Marratxí | es Mercadal | es Migjorn Gran | Montuïri | Muro | Palma | Petra | sa Pobla | Pollença | Porreres | Puigpunyent | ses Salines | Sant Antoni de Portmany | Sant Lluís | Sant Joan de Labritja | Sant Joan | Sant Josep de sa Talaia | Sant Llorenç des Cardassar | Santa Eugènia | Santa Eulària des Riu | Santa Margalida | Santa Maria del Camí | Santanyí | Selva | Sencelles | Sineu | Sóller | Son Servera | Valldemossa | Vilafranca de Bonany | |
| Illas de Mallorca | Menorca | Eivissa | Formentera |