Tzipi Livni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tzipi Livni
Tzipi Livni
Tzipora Malka Livni
{{{cargoexecutivo1}}}
Período: {{{periodo1}}}
Antecesor: {{{antecesor1}}}
Sucesor: {{{sucesor1}}}
Chanceler: {{{chanceler1}}}
Monarca: {{{monarca1}}}
{{{cargoexecutivo2}}}
Período: {{{periodo2}}}
Antecesor: {{{antecesor2}}}
Sucesor: {{{sucesor2}}}
{{{cargoexecutivo3}}}
Período: {{{periodo3}}}
Antecesor: {{{antecesor3}}}
Sucesor: {{{sucesor3}}}
{{{cargoexecutivo4}}}
Período: {{{periodo4}}}
Antecesor: {{{antecesor4}}}
Sucesor: {{{sucesor4}}}
Datos persoais
Nacemento: 5 de xullo de 1958
Lugar: Tel Aviv, Israel Flag of Israel.svg
Falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Organización: Kadima
Afiliacións: {{{afiliacións}}}
Cónxuxe: {{{cónxuxe}}}
Parella: {{{parella}}}
Fillos: {{{fillos}}}
Parentes: {{{parentes}}}
Residencia: {{{residencia}}}
Cargo(s): Ex-Ministra de Asuntos Exteriores e Presidenta do Kadima dende o 2008
Alma mater: {{{almamater}}}
Profesión: Política
Relixión: {{{relixión}}}
Premios: {{{premios}}}
{{{sinatura}}}
{{{web}}}

Tzipora Malka (Tzipi) Livni (en hebreo ציפורה מלכה "ציפי" לבני), nado en Tel Aviv o 5 de xullo de 1958, é unha política israelí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tzipi (pronunciado Tsipi) Livni é filla de Eitan Livni, un inmigrante polaco que participou no movemento sionista coma comandante do Irgún, e que tamén chegou no seu momento a ser membro da Knesset polo Likud, e Sarah Rosenberg, tamén oficial do Irgún.

Livni foi tenente no Tzahal (Forzas de Defensa Israelís) e membro do Mossad. Está diplomada en Dereito pola Universidade de Bar Ilan na especialidade de Dereito Público e Mercantíl, e exerceu durante varios anos coma avogada. Na actualidade reside en Tel Aviv co seu esposo, o publicista Naftalí Shpitzer, e os seus dous fillos, un deles soldado na Marina e outro estudante.

É vexetariana dende os doce anos, defensora dos animáis, xogou ao baloncesto no equipo Elizur Tel Aviv [1], toca a batería [2] e conta cun coeficiente intelectual de 140.

Etapa no Mossad[editar | editar a fonte]

No 1980, cando contaba con vinte e dous anos de idade, Livni ingresou no servizo de espionaxe israelí, o Mossad, onde foi reclutada por unha amiga de infancia, Mira Gal, que entón traballaba coma axente e a día de hoxe é a súa xefa de gabinete. Nel permaneceu ata o 1984, estando destinada en París.

Nesa época o Mossad mantiña na capital francesa dous centros, dende os que se levaban a cabo operacións contras as faccións palestinas operativas na cidade, así coma contra os intentos de Saddam Hussein por acadar armanento nuclear, se ben non trascendeu o contido das tarefas que levou a cabo durante ese periodo.

Livni abandonou o Mossad ao contraer matrimonio [3].

Traxectoria política[editar | editar a fonte]

Ate o dezaoito de xullo de 2008 foi a Ministra de Asuntos Exteriores e Viceprimeira ministra. É a segunda muller, tras Golda Meir, en ocupar a carteira de Exteriores. Figura emerxente da política non só israelí, estaba xa considerada o número dous do Goberno, tras o ex-primeiro ministro Ehud Olmert.

Inicios[editar | editar a fonte]

Desde que conseguiu o seu escano na Knesset polo Likud no ano 2001, desempeñou diversas carteiras ministeriais, como a Agricultura, a de Cooperación Rexional e a de Inmigración. Desde o 10 de xaneiro de 2005 ocupou o cargo de Ministra de Xustiza. Moi valorada tanto pola esquerda como pola dereita israelí, Livni recibiu o premio "Goberno de Calidade" do ano 2004 [4], galardón que se outorga á figura máis destacada no seu exercicio.

Livni apoiou sen fisuras o plan de retirada unilateral israelí da faixa de Gaza, unha iniciativa proposta e aplicada por Ariel Sharon, e estaba xa daquela considerada coma unha das principais lideres centristas do Likud. A miúdo tivo que mediar entre os elementos máis extremos dentro do seu propio partido, e gañou grande popularidade por mor dos seus esforzos por conseguir que a Knesset aprobase a retirada de Gaza. O 12 de novembro de 2005 foi a primeira política da dereita israelí que participou na conmemoración oficial do décimo aniversario do asasinato de Isaac Rabin [5].

Traxectoria no Kadima[editar | editar a fonte]

O 20 de novembro de 2005, Livni seguiu os pasos de Ariel Sharon, saíndo do Likud e uníndose ao seu novo partido centrista, o Kadima. Tras o derrame cerebral que sufriu Ariel Sharon o 4 de xaneiro de 2006, que o deixou incapacitado para seguir no cargo, algúns especularon con que Livni podería ser a nova presidenta do Kadima. Con todo, foi Ehud Olmert finalmente o elixido para liderar o partido, aínda que non tiña nin o carisma nin a popularidade de Livni. Tras formar un novo goberno en marzo de 2006, Olmert nomeou a Livni Viceprimeira Ministra e Ministra de Asuntos Exteriores, o que a convertiu na numero dous do goberno encabezado por Olmert. O 30 de xullo do 2008 e tras o anuncio do primeiro ministro, Ehud Olmert de non presentarse ás internas do Kadima, Livni presentouse ás mesmas

Primarias no Kadima[editar | editar a fonte]

Livni resultou gañadora desas primarias [6], aínda que por só 431 votos de diferenza (1,1%) sobre o outro candidato, o Ministro de Transportes Saúl Mofaz. O resultado final foi de 16.936 votos (43,1%) para Livni, fronte a 16.505 (42%) para Mofaz, nunhas votacións marcadas pola baixa participación, posto que só o 53,7% dos 74.000 militantes do Kadima acudiron ás urnas.

Intento de formar goberno[editar | editar a fonte]

Logo da súa vitoria, o presidente Simón Peres deulle un prazo de 42 días para formar Goberno [7], no cal chegou a un acordo co partido laborista tras dúas semanas de negociacións. Ambos partidos aglutinan corenta e oito deputados dos cento vinte da Knesset, co que para achegarse á maioría, nos 61, intentou pactar co partido ultraortodoxo sefardí Shas, que conta con doce escanos na cámara [8].

Finalmente o Shas rexeitou entrar no Goberno, forzando unha convocatoria anticipada de elecións xeráis [9] que, se celebraron o 10 de febreiro do 2009.

Aínda que o Kadima obtivo 28 escanos[10], un máis ca o Likud, finalmente foi o lider desta última formación o encargado de formar goberno.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]