Nigel Short

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Nigel Short
Nigel Short
Nigel David Short no 2005.
Nacemento: 1 de xuño de 1965
Leigh Inglaterra Inglaterra
Nacionalidade: inglés Inglaterra Inglaterra
Ocupación: xadrecista
Cónxuxe(s): Rhea Argyro Karageorgiou

Nigel David Short, nado en Leigh, Lancashire, o 1 de xuño de 1965, é un xadrecista inglés[1]. Conseguiu o título de Grande Mestre do xadrez aos 19 anos de idade. É membro da Orde do Imperio Británico e tamén é o segundo mellor xadrecista da historia de Inglaterra, por detrás de Michael Adams[2].

Perfil básico[editar | editar a fonte]

O seu maior éxito xadrecístico foi xogar polo Campionato do Mundo contra Garri Kasparov en Londres no 1993 despois de eliminar antes a Anatoli Karpov, rompendo así naquel entón un pouco a hexemonía dos xogadores da antiga Unión Soviética.

Outro dos seus logros fantásticos é que xogou contra 12 campións do mundo, gañando a cada un polo menos unha ou máis partidas, os doce campións son os seguintes: Vasili Smyslov, Mikhail Tal, Boris Spassky, Tigran Petrosian, Anatoli Karpov, Garri Kasparov, Alexander Khalifman, Ruslan Ponomariov, Rustam Kasimdzhanov, Viswanathan Anand, Vladimir Kramnik e Veselin Topalov.

Short visitou mediante a súa carreira de Grande Mestre, ata agora, 89 países, segue sendo un xogador moi activo no ámbito internacional e tamén é columnista, adestrador e comentarista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Infancia[editar | editar a fonte]

Criouse en Atherton e foi á escola primaria St. Philip. Estudou despois na escola independente Bolton School e no colexio Wigan and Leigh College. Foi membro do club de xadrez Atherton Chess Club, entidade que foi fundada polo seu propio pai, David. Posteriormente foi membro do Bolton Chess Club, club que chegou a rexeitar a Short aos 7 anos de idade por ser demasiado pequeno[3].

De nova promesa a Grande Mestre[editar | editar a fonte]

Partida Short-Benjamin no Mundial de xuvenís en Dortmund no 1980[4].
Short en Dortmund no 1980.
Outorgamento de premios no Mundial de xuvenís en Dortmund no 1980, Iván Morovic na parte destra de Garri Kasparov e Nigel Short ollando noutra dirección.

Como nova promesa tivo por primeira vez atención mediática aos 10 anos de idade, ao derrotar a Viktor Korchnoi nunha exhibición simultánea[5]. En 1977 converteuse no participante máis novo da historia do Campionato Británico de xadrez para maiores, non para xuvenís, clasificándose 3 días antes de cumprir os 12 anos. Nesa primeira ocasión logrou mesmo gañar ao campión Jonathan Penrose[6]. Dous anos máis tarde, aos 14, en Chester en 1979 disputou canda John Nunn e Robert Bellin o título do Campionato Británico, conseguindo no devandito campionato a súa primeira norma de Mestre Internacional. Meses despois logrou o título de Mestre Internacional ao conseguir 8 puntos en 15 partidas no torneo Hastings Premier 1979/80. Converteuse daquela no Mestre Internacional máis novo da historia do xadrez, batendo a plusmarca que mantiña Bobby Fischer dende 1958.

Entre 1980 e 1983 participou en catro Campionatos do Mundo de xuvenís. Obtivo o seu mellor resultado no primeiro de 1980 ao acabar segundo; primeiro foi Garri Kasparov, co que empatou a partida que xogaron entre eles[7]. En 1984, á idade de 19, fíxose co título de Grande Mestre, e logrou así ser o Grande Mestre máis novo do mundo.

Candidato a Campión do Mundo[editar | editar a fonte]

Primeiro ciclo[editar | editar a fonte]

No Interzonal de Biel en 1985 fixo a primeira tentativa para xogar o Mundial de xadrez e na historia foi o primeiro británico en ser candidato. Precisou unha prórroga de desempate con John van der Wiel e Eugenio Torre, xa que os tres conseguiran os mesmos puntos. No torneo de candidatos en Montpellier fixo 7 puntos en 15 partidas, sendo décimo e véndose superado polas circunstancias ao ser a súa primeira experiencia nese evento[8].

Segundo ciclo[editar | editar a fonte]

O segundo intento protagonizouno no próximo ciclo de 1987, cando logrou clasificarse por segunda vez para o torneo de candidatos no Interzonal de Subotica xunto ao seu paisano Jon Speelman. O formato do torneo de candidatos volveuse facer na súa forma tradicional e Short eliminou a Gyula Sax en cinco partidas, gañando 2 e empatando 3, na cidade de Saint John en Canada, no 1988. Mais no seguinte enfrontamento de candidatos foi eliminado sorprendentemente polo seu compatriota Jon Speelman, en Londres, tamén en 5 partidas, perdendo 2 e empatando 3.

Terceiro ciclo[editar | editar a fonte]

O terceiro asalto foi o definitivo, e a súa vitoria na última partida do Interzonal de Manila de [[[1990]] contra Mikhail Gurevich[9] permitiulle rematar cuarto, empatado a puntos con Viswanathan Anand por detrás de Vassily Ivanchuk e Boris Gelfand[10]. Dese xeito conseguiu clasificarse por terceira vez consecutiva para o torneo de candidatos. Despois dos torneos interzonais houbo unha quenda preliminar con 14 participantes[11], os candidatos foron emparellados do seguinte xeito: Jan Timman 4½ - Robert Hübner 2½, Viktor Korchnoi 5½ - Gyula Sax 4½, Artur Yusupov 6½ - Sergey Dolmatov 5½, Vassily Ivanchuk 4½ - Leonid Yudasin ½, Nigel Short 5½ - Jon Speelman 4½, Boris Gelfand 5½ - Pedrag Nikolic 4½ e Viswanathan Anand 4½ - Alexei Dreev 1½.

Os sete gañadores clasificáronse para os cuartos de final e Anatoli Karpov, tendo privilexios de vicecampión, non xogou a preliminar. Short encontrouse así co seu verdugo da última edición, o seu compatriota Jon Speelman. O desquite foi un reencontro moi disputado, cada xogador gañou 2 para empataren o resto na serie de 8 partidas. Logo precisouse unha prórroga decisiva con 2 xogos adicionais, na que Short prevaleceu, gañando a última coas negras. Esta quenda aconteceu en Londres no 1991.

Duelo na quenda preliminar dos candidatos da FIDE en Londres no 1991
Partidas por orde 1[12] 2[13] 3[14] 4[15] 5[16] 6[17] 7[18] 8[19] 9[20] 10[21] Total
Jon Speelman Inglaterra 0 ½ 1 ½ 1 0 ½ ½ ½ 0
Nigel Short Inglaterra 1 ½ 0 ½ 0 1 ½ ½ ½ 1

Nos cuartos de final en Bruxelas 1991 eliminou a Boris Gelfand en 8 partidas gañando 4, empatando 2 e perdendo outras 2.

Duelo nos cuartos de finais dos candidatos da FIDE en Bruxelas no 1991
Partidas por orde 1[22] 2[23] 3[24] 4[25] 5[26] 6[27] 7[28] 8[29] Total
Nigel Short Inglaterra Inglaterra 0 1 1 ½ 1 0 ½ 1 5
Boris Gelfand Flag of Israel.svg Israel 1 0 0 ½ 0 1 ½ 0 3
Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
 Flag of the Netherlands.svg Jan Timman  
 Suíza Viktor Korchnoi  2½  
 Flag of the Netherlands.svg Jan Timman  6
   Alemaña Artur Yusupov  4  
 Alemaña Artur Yusupov  
 Ucraína Vassily Ivanchuk  4½  
 Flag of the Netherlands.svg Jan Timman  5½
   Inglaterra Nigel Short  
 Inglaterra Nigel Short  5
 Flag of Israel.svg Boris Gelfand  3  
 Inglaterra Nigel Short  6
   Flag of Russia.svg Anatoli Karpov  4  
 Flag of India.svg Viswanathan Anand  3½
 Flag of Russia.svg Anatoli Karpov    

Nas semifinais en Linares en 1992 atopouse con Anatoli Karpov, quen xogara polo título ininterrompidamente dende 1978, ou sexa, dende cando Bobby Fischer rexeitara disputalo. Nigel Short acabou gañando a serie de 10 partidas impoñéndose en 4, empatando outras 4 e concedendo 2.

Duelo das semifinais dos candidatos FIDE en Linares no 1992
Partidas por orde 1[30] 2[31] 3[32] 4[33] 5[34] 6[35] 7[36] 8[37] 9[38] 10[39] Total
Anatoli Karpov Rusia Rusia 1 ½ ½ 0 ½ 0 1 0 ½ 0 4
Nigel Short Inglaterra Inglaterra 0 ½ ½ 1 ½ 1 0 1 ½ 1 6

Kasparov e Karpov xa non volverían xamais a xogar polo título mundial un contra o outro. Nigel conseguiu chegar á final dos candidatos para poder xogar contra o campión do mundo. A final xogouse en San Lorenzo de El Escorial no 1993. Alí estábao esperando o neerlandés Jan Timman, ao que dobregou en 13 partidas gañando 5, igualando 5 e perdendo 3.

Duelo pola final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial no 1993
Partidas por orde 1[40] 2[41] 3[42] 4[43] 5[44] 6[45] 7[46] 8[47] 9[48] 10[49] 11[50] 12[51] 13[52] Total
Jan Timman Países Baixos Países Baixos ½ 1 0 0 ½ ½ 1 ½ 0 0 1 0 ½
Nigel Short Inglaterra Inglaterra ½ 0 1 1 ½ ½ 0 ½ 1 1 0 1 ½

Ruptura coa FIDE[editar | editar a fonte]

A FIDE, co seu presidente filipino, Florencio Campomanes, escolleu Manchester para organizar o Campionato do Mundo. Alí decidiu as cotas dos premios sen reciprocidade con Garri Kasparov e Nigel Short, segundo afirmaron estes dous, co cal o propio presidente da FIDE violou as regras[53]. A autora e Mestra Internacional de xadrez Cathy Forbes escribiu despois no seu libro sobre Nigel Short Quest for the Crown (Cadogan 1993), que a FIDE non se conformou en ningún momento coas ofertas de 1993 para o Campionato do Mundo e que tampouco se recibiron outras por parte desta[54].

Creación da PCA[editar | editar a fonte]

Ao non lle ser posíbel o chegar a un acordo coa FIDE, Garri Kasparov e Nigel Short víronse lexitimados para crearen unha nova organización rival, a PCA Professional Chess Association. Baixo o patrocinio do xornal The Times, escolleron Londres como cidade realizadora onde foi levado a cabo o enfrontamento particular no 1993.

Campionato do Mundo da PCA[editar | editar a fonte]

Garri Kasparov gañou moi contundentemente na serie de 20 partidas, vencendo en 6, empatando 13 e perdendo 1. Foi a vitoria máis folgada dende que Mikhail Botvinnik gañara a Mikhail Tal en 1961. A actuación de Short foi moi criticada, entre outros na BBC por Bill Hartston e Tony Miles[55].

Duelo polo Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993
Partidas por orde 1[56] 2[57] 3[58] 4[59] 5[60] 6[61] 7[62] 8[63] 9[64] 10[65] 11[66] 12[67] 13[68] 14[69] 15[70] 16[71] 17[72] 18[73] 19[74] 20[75] Total
Garri Kasparov Rusia Rusia 1 ½ 1 1 ½ ½ 1 ½ 1 ½ ½ ½ ½ ½ 1 0 ½ ½ ½ ½ 12½
Nigel Short Inglaterra Inglaterra 0 ½ 0 0 ½ ½ 0 ½ 0 ½ ½ ½ ½ ½ 0 1 ½ ½ ½ ½

Cuarto ciclo[editar | editar a fonte]

Ao perder contra Garri Kasparov a situación complicouse. Non obstante, na súa cuarta tentativa para xogar por un Mundial, eliminou a Boris Gulko con prórroga nas partidas adicionais nun duelo para os cuartos de final dos candidatos da PCA no 1994 en Nova York. Nas semifinais dos candidatos da PCA en Linares no 1994 foi derrotado por Gata Kamsky, perdendo 5, empatando 1 e prevalecendo en 1.

Duelo dos cuartos de finais dos candidatos da PCA 1994 en Nova Iorque
Partidas por orde 1[76] 2[77] 3[78] 4[79] 5[80] 6[81] 7[82] 8[83] 9[84] 10[85] 11[86] 12[87] Total
Nigel Short Inglaterra Inglaterra ½ 0 1 ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ 1 ½
Boris Gulko Estados Unidos de América Estados Unidos ½ 1 0 ½ ½ ½ ½ ½ ½ ½ 0 ½


Cuartos de final Semifinal Final
                   
       
 Flag of the United States.svg Gata Kamsky  
 Flag of Russia.svg Vladimir Kramnik  1½  
 Flag of the United States.svg Gata Kamsky  
   Inglaterra Nigel Short  1½  
 Inglaterra Nigel Short  
 Flag of the United States.svg Boris Gulko  5½  
 Flag of the United States.svg Gata Kamsky  4½
   Flag of India.svg Viswanathan Anand  
 Inglaterra Michael Adams  
 Flag of Russia.svg Sergei Tiviakov  6½  
 Inglaterra Michael Adams  1½
   Flag of India.svg Viswanathan Anand    
 Flag of India.svg Viswanathan Anand  5
 Ucraína Oleg Romanishin  2  


Duelo das semifinais da PCA en Linares no 1994
Partidas por orde 1[88] 2[89] 3[90] 4[91] 5[92] 6[93] 7[94] Total
Gata Kamsky Estados Unidos de América Estados Unidos 1 1 1 0 1 1 ½
Nigel Short Inglaterra Inglaterra 0 0 0 1 0 0 ½

Torneos e títulos[editar | editar a fonte]

Short en 2005 mediante o torneo Corus Chess.

Short gañou o Campionato Británico de xadrez en 1984, 1987 e en 1998, en 1991 gañou o Campionato de Inglaterra. Foi Campión da Commonwealth no 2004, 2006 e 2008, os primeiros dous en Mumbai e o terceiro en Nagpur. No 2006 gañou o Campionato aberto individual da Unión Europea en Liverpool e foi vicecampión na segunda edición do mesmo torneo no 2008, tamén na mesma cidade. Foi primeiro solitario ou primeiro compartido nos seguintes torneos: Xenebra 1979, BBC Master Game 1981, Amsterdam OHRA 1982, Baku 1983, Esbjerg 1984, Wijk aan Zee 1986 e 1987, Reiquiavik 1987, Amsterdam VSB 1988, 1991, 1992 e 1993, Hastings 1987/88 e 1988/89, Pärnu 1996, Groningen 1996, Tallin/Pärnu 1998, Dhaka United Insurance 1999, Pamplona 1999/2000, Tan Chin Nam Cup Beijing 2000, Sigeman and Co. Malmö 2002 e 2009, Xibraltar 2003 e 2004, Budapest Hunguest Hotels 2003, Samba Cup, Skanderborg 2003, Taiyuan 2004, the Politiken Cup 2006, Bazna 2008 e o Staunton Memorial no 2009. O resultado máis destacábel de todos eles foi o torneo de Amsterdam VSB 1991 (Euwe Memorial), cando conseguiu ser primeiro compartindo o posto con Valery Salov, por diante de Karpov e Kasparov.

Amsterdam Euwe Memorial 1991
rango xadrecista nacionalidade ELO 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Total
1-2 Short, Nigel Inglaterra 2635 XXXXX ½[95] ½[96] ½[97] ½[98] 1[99] 1[100] ½[101] ½[102] 1[103] 6
1-2 Salov, Valery Flag of Russia.svg 2645 ½ XXXXX ½ ½ 1 ½ 1 ½ 1 ½ 6
3-4 Karpov, Anatoli Flag of Russia.svg 2725 ½ ½ XXXXX ½ ½ ½ 1 1 ½ ½
3-4 Kasparov, Garri Flag of Russia.svg 2800 ½ ½ ½ XXXXX 1 ½ ½ ½ ½ 1
5.- Korchnoi, Viktor Suíza 2615 ½ 0 ½ 0 XXXXX ½ 1 ½ 1 ½
6-7 Hjartarson, Johann Islandia 2535 0 ½ ½ ½ ½ XXXXX 0 ½ ½ 1 4
6-7 Timman, Jan Flag of the Netherlands.svg 2630 0 0 0 ½ 0 1 XXXXX ½ 1 1 4
8.- Gurevich, Mikhail Flag of Russia.svg 2650 ½ ½ 0 ½ ½ ½ ½ XXXXX ½ 0
9-10 Van der Wiel, John Flag of the Netherlands.svg 2530 ½ 0 ½ ½ 0 ½ 0 ½ XXXXX ½ 3
9-10 Ljubojevic, Ljubomir Flag of SFR Yugoslavia.svg 2590 0 ½ ½ 0 ½ 0 0 1 ½ XXXXX 3

Duelos[editar | editar a fonte]

Nigel David Short 2005 en San Luis, Arxentina.

Short obtivo éxitos considerábeis nas series de duelos. En 1985 venceu en duelo ao campión dos Estados Unidos, Lev Alburt, nunha serie de 8 partidas, vencendo en 6 e empatando 2. En 1995 dobregou a Utut Adianto en Iacarta, gañando 3 e empatando 3. No 2000 gañou a Étienne Bacrot en Albert, venceu en 3, empatou 2 e perdeu 1. Contra Hannes Stefansson en Reiquiavik 2002 gañou 4, empatou 1 e perdeu 1. Contra Ehsan Ghaem Maghami en Teherán no 2003 gañou 2 e empatou 4, e contra Zahar Efimenko en Mukachevo no 2009 venceu en 2, empatou 3 perdendo 1. Short perdeu un duelo en Londres contra Joel Bejamin no 1983, perdendo 2, empatando 1 e gañando 1. Igualou un duelo con Eugenio Torre en Manila no 1988, gañando os dous 1 e empatando 4, en Hilversum no 1989 contra Jan Timman, nun duelo de exhibición, fixo tamén 3 a 3, os dous xogadores venceron en 2 e empataron en 2.

Rexistros Internacionais por equipos[editar | editar a fonte]

Short nas Olimpíadas de Turín no 2006.
Short na Olimpíada de Dresde no 2008.

Coa selección inglesa de xadrez tivo a súa primeira aparición aos 17 anos de idade no Campionato de Europa de seleccións en Plovdiv 1983. Dende entón representou a selección inglesa continuamente, obtendo varios éxitos importantes, dos que detacan as medallas de prata para o equipo nas Olimpíadas de Xadrez en Tesalónica 1984, en Dubai 1986 e Tesálonica 1988. Na Olimpíada en Dubai 1986 conseguiu unha medalla de ouro individual por obter o mellor resultado no taboleiro 3. Fíxose cunha medalla de bronce nas Olimpíadas de Novi Sad en 1990 e liderou os seus nacionais, finalizando en dúas ocasións cuartos en 1994 e 1996. Tamén liderou os seus cando gañaron o Campionato de Europa en Pula no 1997 e participou cando foron terceiros na mesma competición, conseguindo medalla de bronce en 1992, cuarto posto en 1983 e tamén en 2001. Foi membro do equipo inglés que logrou ser terceiro, recibindo medalla de bronce no Campionato do Mundo de seleccións en 1985 e 1989; en 1997 foron cuartos, os mundiais de seleccións xogáronos todos en Lucerna.

As listas coas participacións na selección son:

Olimpíadas
Olimpíada ano taboleiro partidas gañadas empatadas perdidas puntos totais posto colectivo posto individual
Tesalónica 1984 2° reserva 6 1 4 1 3 prata -
Dubai 1986 13 8 4 1 10 prata ouro
Tesálonica 1988 12 3 8 1 7 prata 28°
Novi Sad 1990 12 2 8 2 6 bronce 55°
Manila 1992 11 3 6 2 6 10° 36°
Moscova 1994 13 6 5 2 14°
Iereván 1996 12 3 8 1 7 29°
Elista 1998 11 2 9 0 11° 29°
Estambul 2000 12 3 8 1 7 29°
Bled 2002 13 5 7 1 14°
Calvià 2004 4 1 1 2 30° -
Turín 2006 11 5 6 0 8 19°
Dresde 2008 10 6 2 2 7 15°
Campionato de Europa de seleccións
Cidade ano taboleiro partidas gañadas empatadas perdidas puntos totais posto colectivo posto individual
Plovdiv 1983 7 3 3 1 prata
Debrecen 1992 8 4 3 1 bronce bronce
Pula 1997 7 2 4 1 4 ouro
Batumi 1999 8 3 4 1 5 10° 10°
León 2001 9 3 6 0 6
Campionato do Mundo de seleccións
Cidade ano taboleiro partidas gañadas empatadas perdidas puntos totais posto colectivo posto individual
Lucerna 1985 8 1 6 1 4 bronce
Lucerna 1989 8 3 3 2 bronce prata
Lucerna 1997 8 0 8 0 4

Outros rexistros[editar | editar a fonte]

O rango máis destacado na clasificación mundial conseguiuno entre xaneiro do 1988[104] e xullo no 1989[105], nese período foi terceiro. O seu auxe na puntuación ELO alcanzouno en abril de 2004[106] ao chegar a 2712 puntos. Short ten 2690 puntos na lista de xullo 2010 para a puntuación ELO da FIDE e con iso é o cuadraxésimo sexto mellor de todos os xogadores activos na actualidade, tamén é segundo mellor inglés nesa lista, por detrás de Michael Adams que ten 2706 puntos.

Á parte de xogar xadrez tamén dedícase a colaborar en prensa. Escribiu columnas e revisou libros para os xornais ingleses The Sunday Times, The Daily Telegraph, The Daily Mail e The Spectator. Escribiu para o The Sunday Telegraph por un período dunha década. Mais recentemente escribiu para The Guardian, onde apareceu a súa última columna o 19 de outubro de 2006. Tamén foi comentarista para as emisións de ChessBase na rede sobre o Campionato do Mundo da FIDE no 2005 en San Luis, Arxentina[107].

Adestrou novas promesas como a Pentala Harikrishna, Sergey Karjakin, David Howell e Parimarjan Negi. Traballou tamén como adestrador da selección nacional de xadrez da República Islámica de Irán dende 2006 ao 2007. No seu primeiro mandato guiou os persas, conseguindo inesperadamente unha medalla de bronce no Campionato de Asia de seleccións de Doha, Qatar, no 2006. Nos nove eventos xadrecísticos dos Xogos Interinos de Asia, en Macau 2007, Irán logrou unha medalla de prata e dous de bronce[108].

É un compañeiro honorario da Universidade de Bolton[109]. En 1999 foi apuntado como membro da Orde do Imperio Británico polos seus cumprimentos no xadrez. En agosto do 2005 foi elixido unanimemente para secretario xeral da Asosiación de Xadrez da Commonwealth (Commonwealth Chess Association) e en xuño do 2006 ascendeu a presidente da mesma ata deixar o cargo en xaneiro de 2008. Reside en Atenas onde vive coa súa muller Rhea Argyro Karageorgiou (en grego, Ρέα Αργυρώ Καραγεωργίου) que é terapeuta. A parella ten dous fillos: A filla Kyveli Aliki (en grego, Κυβέλη Αλίκη), nada o 7 de xullo do 1991, e Nicholas Darwin (en grego, Νικόλαος Δαρβίνος), nado o 18 decembro do 1998.

Controversia[editar | editar a fonte]

O equipo inglés na Olimpíada de Dubai no 1986. Detrás de todo o finado Anthony Miles, lle segue John Nunn após Nigel Short[110] e Jon Speelman.

Despois da morte de Tony Miles no 2001, Short escribiu unha necrolóxica de defunción no Sunday Telegraph, na que afirmaba terse deitado coa entón noiva de Tony Miles mediante as vixésimo sétimas Olimpíadas, as de Dubai.

Tamén no 2001 foi cando sospeitou de ter xogado partidas rápidas contra un personaxe non identificado na rede, que el creu que era Bobby Fischer[111]. Ó publicalo creou moito balbordo, e ao final o mesmo Bobby Fischer desmentiuno.

Short concediu en xaneiro de 2007 unha entrevista para o xornal indio DNA, na que pedía unha investigación para examinar as alegacións sobre unha suposta culpabilidade de Veselin Topalov xa que tería feito posíbelmente trampa mediante o Campionato do Mundo en San Luis, Arxentina no 2005. Na mesma entrevista pronunciouse crítico sobre o papel do Comité de Apelación nos mundiais 2005 e 2006; sobre todo resaltou que o Vicepresidente da FIDE Zurab Azmaiparashvili era exactamente o máis inapropiado para esa tarefa, xa que el mesmo confesara facer trampas para gañar o Campionato de Europa no 2003. A consecuencia diso Azmaiparashvili demandouno nunha denuncia á Comisión Ética da FIDE. Esta reuniuse para o caso en xullo do 2007[112]. Todas as acusacións contra Short foron rexeitadas, pero para darlle un tirón de orellas a Comisión acordou sancionalo por unha infracción menor no comportamento, segundo o código ético da FIDE, por usar a cualificación cabeza parva. Esa sanción foi acollida con burlas no British Chess Magazine.

Corus 2005[113].

Durante o torneo Corus chess 2008, na oitava rolda do grupo B, a partida Cheparinov-Short foi declarada como perdida para o primeiro despois dun movemento[114], xa que Cheparinov lle negou dar a man a Short antes de empezar a partida. A renuncia de dar a man foi gravada en vídeo, posta en YouTube e vista en centos de miles de ocasións[115]. Short foi a informar o árbitro de que, segundo as regras vixentes da FIDE, debía darlle a partida por gañada. Cheparinov explicou que o seu comportamento fora porque Short os insultara a el e ao seu equipo gravemente nunha entrevista publicada. O Comité de Apelacións do torneo decidiron anular a decisión do árbitro e levar a cabo a partida. Short gañou esa partida aprazada[116].

Notas[editar | editar a fonte]

Notas (en inglés)

  1. Quen é este pequeno Grande Mestre? (en inglés)
  2. Lista de rangos da FIDE na puntuación ELO en xullo 2010
  3. Emisión na rede da servinghistory.com onde se le que o Bolton Chess Club rexeitou a Short
  4. Partida Short-Benjamin polo Mundial xuvenil de Dortmund no 1980
  5. Partida Korchnoi-Short nas simultáneas de Korchnoi en Londres 1976
  6. Campionato Británico 1977, partida Short-Penrose
  7. Mundial de xuvenís en Dortmund 1980, partida Short-Kasparov
  8. Táboa coa clasificación do torneo de candidatos en Montpellier no 1985
  9. Interzonal de Manila 1990, partida Gurevich-Short
  10. Táboa do Interzonal de Manila no 1990
  11. Eliminatorias dos candidatos para o Mundial 1993
  12. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, primeira partida
  13. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, segunda partida
  14. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, terceira partida
  15. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, cuarta partida
  16. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, quinta partida
  17. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, sexta partida
  18. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, sétima partida
  19. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, oitava partida
  20. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Short-Speelman, primeira partida adicional
  21. Preliminar dos candidatos da FIDE en Londres 1991, Speelman-Short, segunda partida adicional
  22. Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Short-Gelfand, primeira partida
  23. Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Gelfand-Short, segunda partida
  24. Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Short-Gelfand, terceira partida
  25. Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Gelfand-Short, cuarta partida
  26. Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Short-Gelfand, quinta partida
  27. Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Gelfand-Short, sexta partida
  28. Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Short-Gelfand, sétima partida
  29. Cuartos de final dos candidatos da FIDE en Bruxelas 1991, Gelfand-Short, oitava partida
  30. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, primeira partida
  31. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, segunda partida
  32. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, terceira partida
  33. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, cuarta partida
  34. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, quinta partida
  35. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, sexta partida
  36. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, sétima partida
  37. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, oitava partida
  38. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Karpov-Short, novena partida
  39. Semifinal dos candidatos da FIDE en Linares 1992, Short-Karpov, décima partida
  40. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, primeira partida
  41. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, segunda partida
  42. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, terceira partida
  43. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, cuarta partida
  44. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, quinta partida
  45. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, sexta partida
  46. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, sétima partida
  47. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, oitava partida
  48. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, novena partida
  49. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, décima partida
  50. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, undécima partida
  51. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Short-Timman, duodécima partida
  52. Final dos candidatos da FIDE en San Lorenzo de El Escorial 1993, Timman-Short, décimo terceira partida
  53. Contido na chessinvasion.com sobre a PCA
  54. Texto na servinghistory.com sobre o que escribiu Cathy Forbes
  55. Crónica onde Miles por aborrecemento pide se un árbitro non pode parar o xogo (en alemán)
  56. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, primeira partida
  57. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, segunda partida
  58. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, terceira partida
  59. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, cuarta partida
  60. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, quinta partida
  61. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, sexta partida
  62. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, sétima partida
  63. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, oitava partida
  64. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, novena partida
  65. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décima partida
  66. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, undédima partida
  67. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, duodécima partida
  68. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo terceira partida
  69. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo cuarta partida
  70. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo quinta partida
  71. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo sexta partida
  72. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo sétima partida
  73. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, décimo oitava partida
  74. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Kasparov-Short, décimo novena partida
  75. Campionato do Mundo da PCA en Londres no 1993, Short-Kasparov, vixésima partida
  76. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Short-Gulko, primeira partida
  77. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Gulko-Short, segunda partida
  78. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Short-Gulko, terceira partida
  79. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Gulko-Short, cuarta partida
  80. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Short-Gulko, quinta partida
  81. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Gulko-Short, sexta partida
  82. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Short-Gulko, sétima partida
  83. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Gulko-Short, oitava partida
  84. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Short-Gulko, novena partida
  85. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Gulko-Short, décima partida
  86. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Short-Gulko, undécima partida
  87. Cuartos de final dos candidatos da PCA en Nova Iorque 1994, Gulko-Short, duodécima partida
  88. Semifinal dos candidatos da PCA en Linares no 1994, Kamsky-Short, primeira partida
  89. Semifinal dos candidatos da PCA en Linares no 1994, Short-Kamsky, segunda partida
  90. Semifinal dos candidatos da PCA en Linares no 1994, Kamsky-Short, terceira partida
  91. Semifinal dos candidatos da PCA en Linares no 1994, Short-Kamsky, cuarta partida
  92. Semifinal dos candidatos da PCA en Linares no 1994, Kamsky-Short, quinta partida
  93. Semifinal dos candidatos da PCA en Linares no 1994, Short-Kamsky, sexta partida
  94. Semifinal dos candidatos da PCA en Linares no 1994, Kamsky-Short, sétima partida
  95. Euwe Memorial en Amsterdam no 1991, partida Short-Salov
  96. Euwe Memorial en Amsterdam no 1991, partida Karpov-Short
  97. Euwe Memorial en Amsterdam no 1991, partida Short-Kasparov
  98. Euwe Memorial en Amsterdam no 1991, partida Korchnoi-Short
  99. Euwe Memorial en Amsterdam no 1991, partida Short-Hjartarson
  100. Euwe Memorial en Amsterdam no 1991, partida Short-Timman
  101. Euwe Memorial en Amsterdam no 1991, partida Gurevich-Short
  102. Euwe Memorial en Amsterdam no 1991, partida Van der Wiel-Short
  103. Euwe Memoral en Amsterdam no 1991, partida Short-Ljubojevic
  104. Lista de rangos da FIDE na puntuación ELO en xullo 1988
  105. Lista de rangos da FIDE na puntuación ELO en xullo 1989
  106. Lista ELO de Nigel Short mediante diversas datas
  107. Artigo sobre Nigel Short na tripatlas.com
  108. Entrevista con Short na latestchess.com
  109. Nigel David Short honorado pola Universidade de Bolton, artigo na chessbase.com
  110. Partida Nigel Short-Andras Adorjan na Olimpíada de Dubai no 1986
  111. Short sobre o porqué pensou ter xogado contra Bobby Fischer
  112. Reunión da Comisión Ética da FIDE en xullo 2007
  113. Partida Van Wely-Short no torneo Corus chess no 2005
  114. Corus chess 2008, partida Cheparinov-Short, con un movemento só
  115. Gravación de Chessdom emitida en YouTube, partida Cheparinov-Short Corus chess 2008
  116. Corus chess 2008, partida aprazada Cheparinov-Short

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Nigel Short Modificar a ligazón no Wikidata

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Nigel Short, Chess Prodigy: His Career and Best Games, Faber & Faber. Unha biografía editada polo seu pai David. (en inglés)
  • Forbes, Cathy Nigel Short: Quest for the Crown, Cadogan, Londres 1993 (en inglés) ISBN 1-85744-048-X
  • Raymond Keene: Nigel Short. World Chess Challenger. Batsford, Londres 1992, 1993 (en inglés) ISBN 0-7134-7281-2
  • Short, Nigel: Nigel Short's chess skills. Hamlyn, London 1989. Libro pedagóxico de xadrez baseado nas súas partidas. (en inglés) ISBN 060055743X
  • Steinkohl, Ludwig. - Maintal: Jan Timman, Nigel Short. Rochade Europa, 1992, 1. Aufl. (en alemán)
  • Stefan Löffler: Challengers. So spielt Nigel Short. Sportverlag Berlin 1993. (en alemán) ISBN 3-328-00586-2

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]