ChessGames.com

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

ChessGames.com é unha gran comunidade de xadrez de Internet, con máis de 87.000 membros.[1] ChessGames.com foi fundada en 2001 por Daniel Freeman e Alberto Artidiello. A sede atopase en Fort Lauderdale, Florida. A web ten unha gran base de datos de partidas de xadrez históricas onde cada partida ten un taboleiro distinto para comentarios e análises. A subscrición básica é libre e a web está aberta para xogadores de todos os niveis.

ChessGames.com é unha web na que non existe un motor de xogo, onde os membros discuten sobre xadrez e analizan posicións sen xogar ao xadrez en tempo real, excepto en concursos por equipos e retos de consulta. Os subscritores da web tiveron moito éxito representando a xogadores d'"O Mundo" competindo contra Grandes Mestres[2]. As características da web permiten estudar aperturas, finais e sacrificios, incluíndo o repertorio de aperturas específico dun Gran Mestre na base de datos

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Estadísticas de ChessGames.com". http://www.chessgames.com/chessstats.html. Consultado o 2007-12-08.
  2. "As partidas de xadrez de xogadores do Mundo contra grandes mestres". http://www.chessgames.com/perl/chessplayer?pid=29573. Consultado o 2007-12-08.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]