Sergey Karjakin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Para describir os movementos das pezas de xadrez neste artigo usouse a notación alxébrica.
Infotaula de personaSergey Karjakin

Sergey Karjakin no Torneo Corus de xadrez, 2006
Nome orixinal(ru) Сергей Александрович Карякин Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento12 de xaneiro de 1990
Simferopol Ucraína Ucraína
Datos persoais
País de nacionalidadeUcraína Ucraína
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor em Wikidata
EducaciónRussian State Social University (en) Traducir
Simferopol gymnasium №1 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
OcupaciónXogador de xadrez
Membro de
LinguaLingua rusa Editar o valor em Wikidata
Nacionalidade deportivaRusia
Ucraína Editar o valor em Wikidata
Deportexadrez Editar o valor em Wikidata
Título de xadrecistaHonored Master of Sports of Russia (en) Traducir
Merited master of sports of the Ukraine (en) Traducir
Mestre Internacional (2002)
Grande Mestre de Xadrez (pt) Traducir (2003) Editar o valor em Wikidata
Puntos ELO (màx.)2.788 (2011)<
Identificador FIDE14109603 Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo Competición
- Paris Chess Club (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Participou en
2018Torneio de Candidatos de 2018 (pt) Traducir
2018Olimpíada de xadrez de 2018 (pt) Traducir
2016Olimpíada de xadrez de 2016 (pt) Traducir
2014Olimpíada de xadrez de 2014 (pt) Traducir
2012Olimpíada de xadrez de 2012 (pt) Traducir
2010Olimpíada de xadrez de 2010 (pt) Traducir
2008Olimpíada de xadrez de 2008 (pt) Traducir
2006Olimpíada de xadrez de 2006 (pt) Traducir
2004Olimpíada de xadrez de 2004 (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Páxina webt.me… Editar o valor em Wikidata
Facebook: karyakin.chess Twitter: SergeyKaryakin Instagram: sergey_karjakin Editar o valor em Wikidata


Sergey Karjakin, nado en Simferopol o 12 de xaneiro de 1990, é un xogador de xadrez ucraíno, o Gran Mestre Internacional máis novo na historia do xadrez, conseguiu o título con só 12 anos e 7 meses.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Karjakin aprendido a xogar xadrez cando tiña cinco anos e converteuse nun mestre internacional á idade de once. Na lista de abril de 2008 da FIDE ten un ELO de 2732, sendo o número 13º do mundo e o número 2 de Ucraína, tras Vassily Ivanchuk.

Oficialmente, foi o segundo ucraíno tras Ruslan Ponomariov, durante o Mundial da FIDE de 2002. En 2004, Karjakin terminou segundo tras Boris Gelfand no torneo de Pamplona (Navarra), do 20 ao 29 de decembro de 2004. Tamén en 2004, Karjakin foi o único humano en gañar a unha computadora no Campionato do Mundo Home vs Máquina en Bilbao, derrotando a Deep Junior. Era o máis novo e o que tiña menos ELO.

Á idade de 15 anos, Karjakin conseguiu 8.5 puntos (+7 =3 -1) para gañar o torneo das Novas Estrelas de 2005 xogado en Kirishi (Rusia), desde o 14 ata o 26 de maio. Practicando antes do torneo con Nigel Short en Grecia, Karjakin estivo involucrado nun accidente de coche no camiño cara ao aeroporto de Atenas e sufriu danos menores. Isto puido contribuír a un frouxo inicio, perdendo unha partida e obtendo só 1.5 puntos nas primeiras tres roldas. Terminou moi forte, con seis vitorias e só dúas táboas, que lle levou a gañar o torneo en solitario.

Na súa carreira, xa gañou a moitos grandes mestres. En xadrez rápido, gañou a Vladimir Kramnik. Karjakin entrou nos 100 mellores xogadores do mundo na lista de abril de 2005 da FIDE, ocupando o posto número 64 do mundo cun ELO de 2635. No pasado Wijk aan Zee (2007), nos Países Baixos, quedou clasificado o 8º, logrando 6,5 puntos de 13 posibles, con 3 vitorias, 7 táboas e 3 derrotas.

Karjakin gañou no 2007 o Campionato de Europa de xadrez lóstrego (5 minutos por xogador), no que participaron 370 xogadores, en Dresde (Alemaña). Tras 33 partidas lóstrego xogadas por cada participante, en 2º lugar quedou Baadur Jobava, de Xeorxia, e 3º Alexander Riazantsev, de Rusia.

Partidas notables[editar | editar a fonte]

A continuación móstrase a vitoria sobre Vladimir Kramnik cunha apertura española con tan só 14 anos.

Sergey Karjakin - Vladimir Kramnik Dortmund (Alemaña) 2004: 1.e4 e5 2.Cf3 Cc6 3.Bb5 Cf6 4.Ou-O Cxe4 5. d4 Cd6 6.Bxc6 dxc6 7.dxe5 Cf5 8.Dxd8 Rxd8 9.Cc3 Ce7 10.h3 Cg6 11.Ce4 h6 12.b3 Re8 13.Bb2 a5 14.a4 Cf4 15.Tfe1 Bb4 16.c3 Be7 17.Tad1 Ce6 18.c4 Bb4 19.Che3 Bd7 20.Ch4 Td8 21.Cf5 Bc8 22.Txd8 Rxd8 23.Td3 Re8 24.g4 Bf8 25.Bc1 b6 26.Cfg3 c5 27.Be3 Bb7 28.f4 h5 29.f5 h4 30.fxe6 hxg3 31.exf7 Rxf7 32.Cg5 Re8 33.Bf4 Be7 34.Txg3 Bxg5 35.Bxg5 Rd7 36.e6 Rxe6 37.Che3 Rf7 38.Che7 Rg6 39.h4 Bf3 40.Txc7 Che8 41.Rf2 Bxg4 42.Tc6 Rf5 43.Txb6 Che2 44.Rg3 Tc2 45.Tb5 Tc3 46.Rf2 Bd1 47.Txa5 Bxb3 48.Txc5 Re4 49.a5 Txc4 50.Tb5 Tc2 51.Re1 Bc4 52.Tb7 Ta2 53.Ta7 g6 54.Rd1 Rd3 55.Td7 Re4 56.Bd8 Ta3 57.Rc2 Bd5 58.Td6 Rd4 59.Bb6 Re5 60.Td8 Ta4 61.Th8 Re4 62.Th6 Rf5 63.Rc3 Tc4 64.Rd3 Ta4 65.Th8 Bg2 66.Tf8 Rg4 67.Bd8 Be4 68.Rc3 Bd5 69.Tf6 Rh5 70.Td6 Bb7 71.Rb3 Ta1 72.Rb4 Tb1 73.Rc5 Ta1 74.Rb6 Bc8 75.Ra7 Tb1 76.Tb6 Ta1 77.Tb5 Bf5 78.a6 Rg4 79.Tb6 Td1 80.Bg5 Be4 81.Rb8 Tf1 82.Bf6 Che1 83.a7 Bf3 84.Bd8 Ta1 85.Txg6 Rh5 86.Tg5 Rh6 87.Tb5 Rg6 88.Tb7 Td1 89.Bb6 Bxb7 90.Rxb7 1-0

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]