Pärnu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pärnu
Flag of Pärnu
Coat of arms of Pärnu
Bandeira Escudo
Condado Condado de Pärnu
Alcalde Mart Viisitamm
Area 32.22 km²
Poboación (as of 2004)
 - Densidade
44,568
1,383.2/km²
Coordenadas 58°23' N 24°30' E
Location of Pärnu
Localización de Pärnu


Pärnu (tamén coñecida polo seu nome alemán Pernau)[1][2] é unha cidade de Estonia, situada na costa suroeste no condado de Pärnu. Ten 32.22 km² e 44.568 habitantes. Fundada en 1251, na actualidade é unha cidade turística que acolle a turistas nacionais e finlandeses.

A maioría da poboación é de etnica estoniana (75%), as principais minorías son a rusa (15%), ucraína (2%), finlandesa (1%) e bielorrusa (1%).

Hai 14 colexios na cidade, deles 2 son en lingua rusa. A cidade conta con 28 médicos de familia e 1 hospital con 410 camas. O concello de Pärnu conta con 33 concelleiros, deles 9 do Partido do Centro Estoniano, 9 do Partido Res Pública, 8 do Partido da Reforma Estonia, 5 da Unión Pro Patria e 2 da Unión Popular de Estonia.

Notas[editar | editar a fonte]

Centro de Pärnu