Mestre Internacional

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

O título de Mestre Internacional (MI) outórgaselles aos xogadores de xadrez fortes que están por baixo do nivel de gran mestre, mais superiores ao nivel de Mestre FIDE. Instituído xunto co título de Gran Mestre (GM) en 1950, é un título vitalicio, xeralmente abreviado como MI no ámbito do xadrez.

Criterios de cualificación[editar | editar a fonte]

A FIDE definiu os seguintes criterios de clasificación. Débese alcanzar unha puntuación mínima (a denominada norma de MI) en polo menos dous torneos internacionais, dependendo do nivel de habilidade (a categoría) do torneo. Este estándar de MI corresponde a unha clasificación de polo menos 2450. As normas deben comprender un total de polo menos 27 partidas. Outro requisito é ter un mínimo de 2400 puntos na clasificación Elo.

A FIDE tamén outorga un título de Mestra Internacional Feminina, cun requisito de 200 puntos Elo menos.[1]

Independentemente destes criterios, a FIDE outorga de maneira automática o título de Mestre Internacional aos xogadores que obteñen un dos seguintes logros:

  • Clasificación para o Mundial FIDE
  • Finalista do Mundial Feminino
  • Segundo ou terceiro lugar do Mundial Xuvenil Sub-20
  • Segundo ou terceiro lugar do Mundial Sénior, tanto en maiores de 50 como en maiores de 65
  • Vitoria absoluta ou compartida no Mundial Xuvenil Sub-18
  • Vitoria absoluta no Mundial Xuvenil Sub-16
  • Segundo ou terceiro lugar nun campionato continental
  • Vitoria absoluta ou compartida nun campionato continental de máis de 50, nun campionato de máis de 65 ou nun campionato Sub-20
  • Vitoria absoluta nun campionato continental Sub-18
  • Vitoria nun campionato subcontinental
  • Vitoria nun campionato da Commonwealth, ou ben nun campionato francófono ou iberoamericano
  • Vitoria nun mundial para persoas discapacitadas[2]

Tras convertérense en MI, os máis dos xogadores profesionais buscan obteren o título de GM. Tamén é posíbel converterse en GM de maneira directa. Larry Christiansen[3] dos Estados Unidos (1977), Wang Hao[4] da China (2005), Anish Giri[5] dos Países Baixos (2009) e os ex campións mundiais Mihails Tāls[6] (1957) de Letonia e Vladimir Kramnik[7] (1992) de Rusia convertéronse en GM sen seren MI. O estadounidense Bobby Fischer logrou ambos títulos unicamente en virtude da clasificación para o Interzonal de 1958 (título do MI) e o Torneo de Candidatos de 1959 (título de GM).[8] Así, converteuse de maneira incidental en MI antes que en GM.

Con 10 anos, 9 meses e 20 días, Abhimanyu Mishra converteuse na persoa máis nova en obter o título de Mestre Internacional en 2019.[9]

Segundo datos de novembro de 2022, actualmente hai 4.013 MI nas 184 federacións con xogadores activos no escalafón da FIDE.[10] Os países con máis MI no mundo son:

Número de mestres internacionais
Mundo
Lugar País Lugar País
Rusia Rusia 549 11°  Países Baixos Países Baixos 104
Alemaña Alemaña 273 12° Romanía Romanía 84
Ucraína Ucraína 209 13° República Checa República Checa 83
Estados Unidos de América Estados Unidos 166 14° Arxentina 78
España España 137 15° Inglaterra Inglaterra 68
Serbia Serbia 126 16° Croacia Croacia 65
Hungría Hungría 120 17° Israel 64
Francia 118 18° Austria Austria 58
India India 114 19° Bulgaria Bulgaria 57
10° Polonia Polonia 109 20° Cuba 56

Orixe[editar | editar a fonte]

No Congreso da FIDE en Praga en 1931, Dawid Przepiórka suxeriu introducir o título de Mestre Internacional e estabelecer regras sobre como obtelo. No Congreso de 1935 en Varsovia, a FIDE propuxo que todos os xogadores deberían recibir o título de MI ao terminaren primeiros ou segundos nun torneo de 14 participantes como mínimo no que polo menos o 70% fosen Mestres Internacionais. Tamén poden clasificarse se gañaren polo menos catro partidas contra un MI nunha competición oficial.

No Congreso da FIDE en París en 1949 acordouse un sistema modificado para os títulos de MI e GM. Ao mesmo tempo, 27 xogadores foron nomeados Grandes Mestres Internacionais; 94 xogadores (incluída unha muller), Mestres Internacionais e 17 xogadoras, Mestras Internacionais Femininas.[11]

Ver tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "B. Permanent Commissions / 01. International Title Regulations (Qualification Commission) / FIDE Title Regulations effective from 1 July 2017 till 31 December 2021". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 9 de agosto de 2020. 
  2. "FIDE Handbook B. Permanent Commissions / 01. International Title Regulations (Qualification Commission) / Table for Direct Titles effective from 1 July 2017". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  3. "Christiansen, Larry". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  4. "Wang, Hao". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  5. "Giri, Anish". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  6. Di Felice, Gino (2018). Chess International Titleholders, 1950-2016 (en inglés). McFarland. p. 321. ISBN 9781476633619. 
  7. "Kramnik, Vladimir". FIDE - International Chess Federation (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021. 
  8. Romo, Luis Fernando (2 de febreiro de 2021). "Bobby Fischer, el genio del ajedrez que acabó su vida como refugiado político en Islandia y ahogado por sus problemas mentales". El Mundo (en castelán) (Unidad Editorial). Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  9. Shah, Sagar (14 de novembro de 2019). "Abhimanyu Mishra becomes the youngest IM in the world". ChessBase (en inglés). Consultado o 27 de novembro de 2022. 
  10. "FIDE Country Top chess players". FIDE - World Chess Federation (en inglés). Consultado o 28 de novembro de 2022. 
  11. Wall, Bill. "FIDE History" (en inglés). Consultado o 8 de marzo de 2021. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]