Nassau, Bahamas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 25°04′N 77°20′W / 25.067°N 77.333°W / 25.067; -77.333

Nassau, Bahamas
[[Ficheiro:|120px]] [[Ficheiro:|140px|]]
Situación xeográfica
Bf-map.png
Estado: Flag of the Bahamas.svg Bahamas
Rexión:
Subrexión:
Distrito:
Xeografía
Altitude: 34 msnm
Superficie: 207 km²
Poboación
Poboación total: 210.832 hab. (2006)
Densidade de poboación: hab/km²
Xentilicio:
Información
Código postal:
Alcalde:
Sitio na web:
Vista aérea de Nassau, con o forte Charlotte en primeiro termo.

Nassau é a capital das illas Bahamas. É o centro comercial e cultural das illas e, cunha poboación de 210.832 habitantes, é tamén a cidade máis grande.

Situada na illa de Nova Providencia, Nassau ten un atractivo porto moi transitado. O clima tropical e a fermosura natural das Bahamas tornaron Nassau nun moi popular destino turístico, cunha reputada calma durante as horas de sol e unha excitante vida nocturna.

Historia [editar]

Nassau foi fundada polos británicos a mediados do século XVII co nome de Charles Towne, mais logo mudóuselle o nome polo de Nassau en honra do rei inglés Guillerme III de Orange-Nassau en 1695. Durante o século XVIII, foi un famoso acocho de piratas; un dos mais célebres que aquí se agochaba foi Barbanegra. Nassau foi obxectivo de numerosos intentos de invasión por parte dos españois a fins do século XVIII. No 1776 foi tomada e retida brevemente polos revolucionarios norteamericanos.

Comunicacións [editar]

O aeroporto internacional de Nassau, o máis importante das Bahamas, ten conexións diarias con as cidades principais dos Estados Unidos, do Canadá, do Reino Unido e do Caribe.

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre: