Philipsburg

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaPhilipsburg
Imaxe

Localización
Mapa
 18°01′27″N 63°02′36″O / 18.0242, -63.0433Coordenadas: 18°01′27″N 63°02′36″O / 18.0242, -63.0433
EstadoReino dos Países Baixos
País insularSint Maarten Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.338 (2006) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude8 m Editar o valor em Wikidata

Philipsburg é a cidade principal e Capital do país de Sint Maarten. A cidade está situada nunha estreita franxa de terra entre Great Bay e Great Salt Pond. Funciona como o centro comercial da illa de San Martiño, da cal, Sint Maarten abarca a metade sur. En 2011 tiña ten 1.327 habitantes.

A illa foi avistada por primeira vez por Cristovo Colón o 11 de novembro de 1493, pero xa era un asentamento arauaco antes do seu descubrimento. Philipsburg foi fundada en 1763 por John Philips, un capitán escocés na mariña holandesa; o asentamento pronto converteuse nun centro bulicioso de comercio internacional. Dous fortes históricos dan testemuño da importancia estratéxica de Philipsburg na historia de San Martiño: Fort Amsterdam e Fort Willem.[1]

A principal zona comercial, a rúa Front, está no corazón da cidade. Philipsburg tamén ten un porto que é visitado por moitos cruceiros, barcos como Celebrity Solstice, Princesa, Disney Magic, e desde 2010, Oasis of the Seas.

Princess Juliana International Aeroport[editar | editar a fonte]

Boeing 747-300 de Corsairfly na cabeceira da pista

Mundialmente famoso polas súas fotografías coas aeronaves aterrando xusto encima da praia, o Aeroporto Internacional Princesa Xuliana (IATA: SXM, OACI: TNCM), ao oeste de Philipsburg, converteuse para moitos nunha razón en si mesma para visitar Sint Maarten.

Debido á súa curta pista (2.180 metros), os avións en aproximación á pista teñen que voar a altitudes infrecuentemente baixas, sobrevoando a menos de 10-20 metros sobre a veciña Maho Beach.

O chorro do reactor que liberan as aeronaves que saen é tamén outra "atracción", xa que crea ondas artificiais. Con todo, o chorro dun reactor é fisicamente perigoso polo que os espectadores teñen que actuar con cautela. As autoridades locais puxeron un aviso na cerca do aeroporto para alertar á xente sobre os perigos dos chorros dos reactores.

Clima[editar | editar a fonte]

Esta área ten unha estación seca pronunciada. De acordo co sistema de Clasificación climática de Köppen, Philipsburg ten un clima tropical seco, abreviado "Aw" sobre os mapas climáticos.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]