Belmopán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 17°15′5″N 88°46′1″W / 17.25139°N 88.76694°W / 17.25139; -88.76694

Belmopán
Flag of Belmopan.png
Belmopan Parliament.jpg
Parlamento de Belmopán
Situación xeográfica
Belmopán en Belice
Belmopán
Belmopán
País Flag of Belize.svg Belize
Distrito Cayo
Distrito electoral Belmopán
Xeografía
Altitude 76 msnm
Poboación
Poboación 14.606 (2009)[1]
Información
Código postal
Alcalde Simeon López (UDP)
Páxina web

Belmopán (oficialmente en inglés Belmopan), é a capital do país centroamericano de Belize. Cunha poboación estimada de 14.590 habitantes en 2006, é unha das capitais de estado máis pequenas do mundo.

Nome[editar | editar a fonte]

O nome da cidade é un acrónimo dos ríos Belize e o seu afluente o Mopán, que practicamente se unen ao pé da capital.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Belmopán construíuse nun planalto próximo ao val do río Belize, a unha altitude de só 76 metros (17°15′ N e 88°46′ O), a 82 km cara o interior da antiga capital, Belize City, sita na costa caribeña.

Historia[editar | editar a fonte]

Belmopán foi edificada logo de que Belize City fose destruída de feito por un Ciclón tropical en 1961. A súa localización foi escollida no ano 1962, tendo en conta que estivese ao abrigo de furacáns e que as temperaturas eran máis suaves que no litoral. O goberno foi desprazado para Belmopán en 1970, mais, nos primeiros tempos, a poboación de Belize City no o seguiu, pois a creación da nova cidade ex nihilo pareceu utópica. Felizmente, numerosos países decidiron colocar a súa embaixada en Belmopán, o que animou un tanto a vida da pequena cidade[2].

Economía[editar | editar a fonte]

Hoxe en día, hai instaladas en Belmopán arredor de 200 empresas, feito facilitado pola creación dunha zona industrial de máis de 80 ha, a fin de atraer poboación.

Sitios a ver[editar | editar a fonte]

Tendo en conta o pequeno tamaño e a pouca idade de Belmopán, a cidade non posúe un verdadeiro patrimonio arquitectónico e cultural. Pódese salientar o edificio da Asemblea Nacional inspirado en templos maias. Téntase atraer o turismo creando vastos espazos verdes.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Census data". Arquivado do orixinal o 2013-01-11. http://archive.is/548ZK. 
  2. Guide Lonely Planet Guatemala et Belize, 1998