Basseterre
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Basse-Terre.
| Basseterre | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Parroquia: | Saint-George Basseterre |
| Subrexión: | |
| Distrito: | |
| Xeografía | |
| Altitude: | 15 msnm |
| Superficie: | 6´1 km² |
| Poboación | |
| Poboación total: | 13.220 hab. (2001) |
| Densidade de poboación: | hab/km² |
| Xentilicio: | |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | |
Basseterre, (francés: Terra Baixa) é a capital de Saint Kitts e Nevis e da parroquia de Saint George Basseterre. Ten unha poboación estimada de 15.500 habitantes (1990). A cidade atópase situada na illa de Saint Kitts ou San Cristovo, e é un dos principais depósitos comerciais das illas de Sotavento.
Índice |
[editar] Historia
Basseterre foi fundada polos franceses en 1627. Durante o goberno de De Poincy entre 1639 e 1660, a cidade estaba situada nun punto estratéxico, que lle permitiu desenvolver unha importante actividade portuaria. De Poincy rexeita subordinarse ante o rei de Francia, debido á súa posición de cabaleiro da Gran Cruz da Orde de Malta, esixiu maior lealdade da que se debía ao rei.
A illa de San Cristobo e por consecuente a cidade de Basseterre, padeceu a furia da natureza en varias ocasións, debido á súa localización, furacáns e terremotos azóutana periodicamente. A historia recorda o ano de 1876 como un dos máis catastróficos, no que a cidade foi devastada non só polos fenómenos climáticos antes mencionados, senón tamén por un incendio que reduciu a cidade en cinzas; é por esta razón que moitos dos edificios franceses desapareceron do mapa da cidade, aínda que aínda quede un pequeno vestixio destes como a Casa Xeorxiana situada na praza de independencia, hoxe convertida nun bar/restaurante.
[editar] Xeografía
A localidade de Basseterre atópase situada ao sur da illa de San Cristobo no mar Caribe.
Grazas á súa localización tropical, a cidade goza dun clima agradable para o turismo, ademais para o desenvolvemento e reprodución da flora típica da rexión, a localidade conta cunha vexetación exuberante, montañas volcánicas, selvas tropicais e campos de cana de azucre, unha das maiores fontes de emprego das Antillas.
[editar] Economía
A refinería de azucre foi a principal industria da localidade ata que en 2005 esta fose posta nun segundo plano, aínda que compensada coa industria turística.
[editar] Turismo
Basseterre é unha cidade testiga dun pasado colonial á vez francés e á vez inglés, que constitúen un dos seus maiores atractivos turísticos. Os museos, as catedrais, as prazas e os fortes son o maior legado dos ingleses á cidade. Entre os lugares emblemáticos da cidade atópanse:
- Praza da Independencia, onde se atopa ademais a Catedral da Inmaculada Concepción (católica).
- Igrexa Anglicana de St George
- Forte Brimstone Hill, construído en 1690, enteiramente de pedra negra.
- Praza ortogonal Circus
- Mercados da cidade e feiras artesanais.
As festas da cidade celébranse entre o 24 de decembro e o 2 de xaneiro.