Barbanegra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barbanegra.

Edward Teach, máis coñecido como Barbanegra, nado en Bristol en 1680 e finado o 22 de novembro de 1718, foi un pirata británico.

Traxectoria [editar]

Antes de pirata, foi un dos mariñeiros desocupados da Mariña Real Británica, pero tras a Guerra de Sucesión Española iniciou as súas actividades delituosas baixo o mando de Benjamin Hornigold. O seu máis famoso ataque foi realizado na localidade de Charleston (Carolina do Sur) en maio de 1718. Foi aliado do por aquel entón gobernador de Carolina do Norte, Charles Eden, quen chegou a perdoar as súas actividades ilegais a cambio de obter un proveito dos saqueos realizados polo pirata.

Teach morreu tras un enfrontamento co tenente Robert Maynard e a súa tropa, quen realizaron unha campaña baixo iniciativa do por aquel entón gobernador de Virginia, Alexander Spotswood. Barbanegra, que ostentaba unha peculiar vestimenta á hora de realizar os seus ataques, foi unha figura moi popular en diversas manifestacións culturais.

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]