Road Town

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRoad Town
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 18°26′N 64°37′O / 18.43, -64.62Coordenadas: 18°26′N 64°37′O / 18.43, -64.62
EstadoReino Unido
Designación para unha entitade territorial administrativa dun país particularterritorio Británico de Ultramar
Territorio BritánicoIllas Virxes Británicas - British Virgin Islands Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación12.603 (2012) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Altitude10 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Road Town, atópase localizada na illa de Tórtola e é a Capital das Illas Virxes Británicas. A cidade atópase situada na parte central da costa sur da illa, nun porto con forma de ferradura que recibe o nome de Harbour Road. A poboación era aproximadamente 9.400 habitantes en 2004.[1]

O nome da cidade procede do termo náutico "the roads", que vén do termo inglés roadstead (rada en galego), que é un lugar menos abrigado que un porto, pero ao que os barcos poden acceder facilmente. Unha superficie de 28 Hectáreas foi gañada ao mar, recibe o nome de Wickhams Cay[2] e converteuse nun centro turístico[3][4]. O edificio máis antigo de Road Town, The Old HM Prison situada na rúa principal, data de 1840.

Road Town é un dos principais centros de fletamento de barcos no Caribe, é a sede da administración mariña de Tórtola, que se atopa localizada no porto deportivo de Road Reef e na que atracan as dúas principais compañías de fletamento de buques que operan en Road Town.

Clima[editar | editar a fonte]

As Illas Virxes Británicas gozan dun clima tropical, moderado polos ventos alisios. As temperaturas varían pouco ao longo do ano. Na capital, Road Town, a máxima diaria típica é do redor 32 °C no verán e 29 °C no inverno. Os mínimos diarios típicos son de ao redor de 24 °C no verán e 21 °C no inverno. As precipitacións medias son sobre 1150 mm ao ano, algo máis alto nos outeiros e algo máis baixo na costa. As precipitacións poden ser moi variables, pero os meses máis húmidos, son de setembro a novembro e os meses máis secos, son febreiro e marzo. Os furacáns de cando en vez golpean as illas, a tempada de furacáns vai de xuño a novembro.

Datos climáticos para Virgin Gorda, Illas Virxes Británicas
Mes Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xul Ago Set Out Nov Dec Anual
Temperatura máxima en °C 33 32 32 35 34 35 35 36 35 33 33 31 36
Media máxima en °C 26 27 28 29 29 30 31 31 30 29 28 27 28,8
Media mínima en °C 20 19 20 21 22 23 23 23 23 22 22 21 21,6
Temperatura mínima en °C 17 16 16 17 18 18 19 19 16 18 17 16 16
Precipitación media mm 74,2 63,2 55,4 84,6 116,6 70,6 83,1 112 156 133,4 178,8 112 1 239,9
Fonte: Intellicast[5]

Transporte e turismo[editar | editar a fonte]

Road Town é un dos principais centros de alugueiro de iates no Caribe. Moitas empresas exitosas de iates charter operan en Road Town. Tamén poden verse a miúdo cruceiros atracados aquí.

O porto é un punto de partida popular para moitos dos transbordadores que serven á illa. A terminal de ferri atópase no extremo suroeste de Road Town. Os ferries funcionan durante o día, todos os días da semana, e de cando en cando pola noite.

Road Town está servida polo único aeroporto importante das Illas Virxes Británicas, Terrance B. Lettsome International Airport (IATA: EIS, ICAO: TUPJ), na Illa Beef, dentro dun curto traxecto en coche desde a cidade.[6] Só están dispoñibles voos de curto percorrido desde este aeroporto, os voos de longa distancia son atendidos polo Cyril E. King Airport nas Illas Virxes Estadounidenses (IATA: STT ICAO: TIST).

"Autobus" en Tórtola significa camionetas de pasaxeiros de gran tamaño, ou grandes camionetas modificadas con asentos e a parte superior de lona, estas son coñecidas localmente como "safaris". Viaxar en autobús pode ser menos custoso que coller un taxi, e é a miúdo unha opción cando se viaxa desde o aeroporto a Road Town, ou desde os pobos dos extremos da illa.

Historia[editar | editar a fonte]

O 1 de agosto de 1834, leuse a Proclamación de Emancipación.

En 1853, un incendio na cidade destruíu case todos os edificios en Road Town. O lume propagouse por alborotadores enfurecidos que protestaban polo aumento no imposto sobre o gando. Os manifestantes finalmente incendiaron a maior parte das plantacións da illa.

Límites xeográficos[editar | editar a fonte]

Hai unha certa ambigüidade en canto á precisa extensión xeográfica de Road Town. Achegándose á cidade desde o oeste, un cartel na parte inferior do outeiro Slaney recibe aos visitantes a Road Town. Pero os tradicionalistas afirman que a cidade en si só se inicia a partir de Road Reef e Fort Burt, e que por tanto o Prospect Reef Hotel que cobre case toda a superficie entre Slaney Hill e Road Reef, non está tecnicamente en Road Town.

Achegándose a Road Town desde o leste, hai unha ambigüidade similar se Road Town comeza na rotonda de Port Purcell debaixo de Fort George, ou se tamén inclúe Baughers Bay.

Fort Burt e Fort George foron os marcadores históricos dos límites occidental e oriental da cidade, que se beneficiou da protección da Coroa.

Imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. United Kingdom - British Virgin Islands Arquivado 20 de agosto de 2006 en Wayback Machine. Commonwealth Secretariat
  2. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 08 de maio de 2011. Consultado o 28 de agosto de 2015. 
  3. "Tortola/Virgin Gorda". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 28 de agosto de 2015. 
  4. John M Bryden. Tourism and Development: a case study of the Commonwealth Caribbean. p. 151. 
  5. "Virgin Gorda historic weather averages in British Virgin Islands". Intellicast. Consultado o 4 de xullo de 2012. 
  6. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 18 de marzo de 2023. Consultado o 28 de agosto de 2015. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]