The Valley
Coordenadas: 18°13′15″N 63°03′06″W / 18.22083°N 63.05167°W
| The Valley | |
|---|---|
| Situación xeográfica | |
| Estado: | |
| Rexión: | Territorio Británico de Ultramar |
| Xeografía | |
| Altitude: | 9 msnm |
| Poboación | |
| Poboación total: | 1.169 hab. (2001) |
| Información | |
| Código postal: | |
| Alcalde: | |
| Sitio na web: | |
The Valley é a capital de Anguila, no mar Caribe, e a maior localidade da illa. No censo de 2001 contaba cunha poboación de 1.169 habitantes. Está situada na baía de Crocus Bay, no centro do litoral noroeste da illa.
Índice |
Lugares de interese [editar]
A poboación conta con escasos exemplos de arquitectura colonial, debido ao traslado da administración colonial de Anguila para Saint Kitts e Nevis en 1825. Fica como bo exemplo a Wallblake House, construída en 1787 e usada actualmente como dependencia da igrexa adxacente. En The Valley consérvase unha histórica prisión sita a menos de 100 m de altura sobre o nivel do mar.
A oficina turística de Anguila na localidade é unha antiga construción, que en tempos servía para almacenar o algodón, que logo era exportado para Inglaterra.
Comunicacións [editar]
The Valley posúe o Aeroporto Wall Blake, desde o cal se poden realizar algúns voos internacionais; hai voos diarios aos aeroportos internacionais de Antigua, Saint Martin, Saint Thomas e Porto Rico. As instalacións están sitas na parte sur da cidade, na zona denominada Long Ground.