Motacilla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Motacilla
Lavandeira africana (Motacilla aguimp)
Lavandeira africana (Motacilla aguimp)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Familia: Motacillidae
Xénero: ''Motacilla''
Especies

varias, véxase o texto

As lavandeiras son un grupo de aves passeriformes do xénero Motacilla que teñen colas longas, as cales sacoden a miúdo. O nome científico para tanto o xénero como a familia vén do latín mota, que significa mover, e cilla, que significa cola. Este grupo de aves coñécese popularmente como lavandeiras. A lavandeira forestal (Dendronanthus indicus) é ocasionalmente incluída neste xénero tamén.

Rhipidura leucophrys é unha ave de tamaño e coloración semellantes á lavandeira xaponesa. Non está relacionada con este xénero xa que pertence á familia Rhipiduridae.

Características[editar | editar a fonte]

As lavandeiras son delgadas e a miúdo coloridas. Son insectívoras que se alimentan do chan no campo aberto do Vello Mundo. Aniñan no chan, onde poñen até seis ovos pintados. Entre os seus comportamentos máis senlleiros está a sacudida case constante da súa cola, unha característica que lle deu ás aves o seu nome científico. A pesar do común do comportamento e das observacións do mesmo, as razóns polas que o fan enténdense moi pouco. Suxeriuse que pode obrigar á presa a revelar a súa localización, ou podería ser un sinal de submisión ante outras lavandeiras. Estudos recentes suxeriron que é un sinal de vixilancia[1] que pode axudar a desalentar depredadores potenciais.[2]

Clasificación[editar | editar a fonte]

En principio, as lavandeiras parecen estar divididas nun grupo de ventre amarelo e outro de ventre branco, ou un coa parte superior da cabeza en negro, e o outro gris; mais tamén pode ser verde oliveira, amarelo, ou doutra cor. Con todo, estas non son as liñaxes evolutivas; a mudanza da cor do ventre e o aumento da melanina ocorreron independentemente varias veces nas lavandeiras, e os patróns de cor que indican as verdadeiras relacións son moi sutís.

O citocromo b do ADNmt e os datos da secuencia de ADN da subunidade proteínica 2 da NADH deshidroxenasa (Voelker, 2002) é de uso limitado: confirma a sospeita de que existe unha superespecie dunhas 3 lavandeiras de ventre branco e gorxa negra. Ademais, existe outra superespecie na África subsahariana, tres especies de gorxa branca cunha liña negra no lombo. As cinco especies restantes teñen unha alta variabilidade morfolóxica e a súa relación entre si e cos outros dous clados non se explicou satisfactoriamente na actualidade.

A orixe do xénero parece estar preto da área xeral do leste de Siberia/Mongolia. As lavandeiras espalláronse axiña a través de Eurasia e dispersáronse por África no Zancleano (a principios do Plistoceno)[3] onde a liñaxe subsahariana logo illouse. A lavandeira africana (e posiblemente a do Mekong) diverxeron antes da radiación masiva das formas de ventre branco e gorxa negra, e a maioría das formas de ventre amarelo, todas as cales aconteceron a finais do Piacenziano (a comezos do Plioceno tardío), fai aproximadamente 3 millóns de anos.

Tres especies son poli- ou parafiléticas no arranxo taxonómico actual, e algunha das dúas subespecies necesita ser reasignadas e/ou divididas en especies. A lavandeira boieira (tamén coñecida como a lavandeira amarela ou lavandeira de cabeza azul) foi, en especial, un pesadelo taxonómico con máis de doce subespecies aceptadas e moitas mais subespecies inválidas. As dúas especies "monocromáticas" restantes, a africana e a do Mekong, poden estar emparentadas, ou poden ser un exemplo de evolución converxente.

Coñécense lavandeiras prehistóricas a partir de fósiles: Motacilla humata e Motacilla major.

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia existen 5 especies pertencentes ó xénero Motacilla. Delas, 2 pódense atopar en Galicia durante todo o ano (M. cinerea e M. alba alba), 1 é estival (M. flava), 1 é invernante no país (M. alba yarrellii) e 1 é ocasional (M. citreola) [4].

Motacilla
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC
Distribución
Imaxe
Poboación
Motacilla flava
Lacépède, 1804
Lavandeira verdeal
LC
Ampla dist GZ.svg Yellow wagtail.jpg
Motacilla cinerea
Lacépède, 1804
Lavandeira real
LC
Dist Ampla dist ivernante GZ.svg Grey Wagtail.jpg
Motacilla alba alba
Lesson, 1828
Lavandeira branca
LC
Ampla dist GZ.svg White-Wagtail.jpg
Motacilla alba yarrellii
Lacépède, 1804
Lavandeira moura
LC
Ampla dist GZ.svg Pied Wagtail rear view 700.jpg

Especies[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  • Voelker, Gary (2002): Systematics and historical biogeography of wagtails: Dispersal versus vicariance revisited. Condor 104(4): 725?739. [English with Spanish abstract] DOI: 10.1650/0010-5422(2002)104[0725:SAHBOW]2.0.CO;2 HTML abstract
  1. Randler, C (2006). "Is tail wagging in white wagtails, Motacilla alba, an honest signal of vigilance?" Animal Behaviour 71 (5): 1089-1093 Abstract
  2. Hasson, Ou. (1991). "Pursuit-deterrent signals: communication between prey and predator". Trends in Ecology & Evolution, 6:325-329.
  3. A data de Voelker (2002) de "fai 4,5 millóns de anos" é dubidosa. No canto de basearse en datos fortes, é un estimado baseado en valores medias que agora se sabe a miúdo están errados.
  4. Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións.. ISBN 84-87674-06-2. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Motacilla Modificar a ligazón no Wikidata

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]