Motacílidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Motacillidae")
Motacillidae
Macho da lavandeira branca,Motacilla alba yarrellii (sub. británica)
Macho da lavandeira branca,
Motacilla alba yarrellii (sub. británica)
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Clase: Aves
Orde: Passeriformes
Suborde: Passeri
Familia: Motacillidae
Horsfield, 1821
Xéneros

Os motacílidos (Motacillidae) son unha familia de pequenas aves paseriformes de colas longas e medianas. Existen ao redor de 65 especies en 6 xéneros nos que se inclúen as lavandeiras, picas e picas africanas. As picas africanas están restrinxidas aos Afrotrópicos, mentres que as lavandeiras atópanse principalmente en Europa, África e Asia, con dúas especies migratorias que aniñan en Alasca. As picas teñen a distribución máis cosmopolita, atopándose ao longo do Vello mundo, América e nas illas de Nova Zelanda e Malvinas. Dúas especies africanas, a pica de peito amarelo e maila pica de Sharpe agrúpanse ás veces nun sétimo xénero, Hemimacronyx.[1]

Descrición[editar | editar a fonte]

As picas, lavandeiras e picas africanas son paxaros esveltos, de tamaño pequeno ou medio, cunha lonxitude entre 14 e 17 cm, con longas colas e pescozos curtos.[2]. Teñen patas pálidas con longas dedas, particularmente a deda traseira que pode chegar a medir até 4 cm nalgunhas picas africanas. Non existe dimorfismo sexual no que ao tamaño se refire. Normalmente as picas africanas adoitan ser máis robustas cás picas e mailas lavandeiras. As picas africanas poden chegar a acadar os 64 g, mentres que as picas e lavandeiras adoitan pesar entre 15–31 g. A plumaxe adoita ser marrón clara, semellante á das lavercas, aínda que algunhas especies teñen cores rechamantes, como por exemplo a pica dourada do nordeste de Africa. As picas africanas macho adoitan ter as partes inferiores de cores rechamantes. As lavandeiras a miúdo teñen plumaxes chamativos en gris, negro, branco e amarelo.

A maioría dos motacílidos son aves insectívoras que se alimentan no chan[2] ou no campo aberto. Ocupan a maioría dos hábitats dispoñibles, dende as ribeiras até os altos cumios. As lavandeiras prefiren ambientes máis húmidos cás picas. Algunhas especies de lavandeiras empregan os bosques, incluíndo a lavandeira forestal.

Os motacílidos predan sobre unha ampla variedade de invertebrados, especialmente insectos, e tamén arañas, vermes, e pequenos moluscos acuáticos e artrópodos.

Coa excepción da lavandeira forestal, aniñan no chan[2], ata seis ovos pintados.

En Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia existen 5 especies pertencentes á familia dos motacílidos (Motacillidae), delas, 7 pódense atopar en Galicia durante todo o ano, 2 son invernantes no país e 1 aniña localmente.[3]

Anthus
Especie
Autoridade, ano
Nome vulgar
EC
Distribución
Imaxe
Poboación
Anthus campestris
Lacépède, 1804
Pica papuda
LC
Ampla dist GZ.svg Anthus sp.jpg aprox. 870.000 pp.[4]
Anthus trivialis
Lacépède, 1804
Pica das árbores
LC
Dist Ampla dist ivernante GZ.svg Anthus triviallis (Marek Szczepanek).jpg
Anthus pratensis
Lesson, 1828
Pica dos prados
LC
Ampla dist GZ.svg Anthus pratensis 4.jpg aprox. 2.190.000 pp.[4]
Anthus spinoletta
Lacépède, 1804
Pica patinegra montesa
LC
Ampla dist GZ.svg Anthus spinoletta.jpg aprox. 1.134.000.[4]
Anthus petrosus
Lacépède, 1804
Pica patinegra costeiro
LC
Ampla dist GZ.svg Anthus petrosus3.jpg
Motacilla flava
Lacépède, 1804
Lavandeira verdeal
LC
Ampla dist GZ.svg Yellow wagtail.jpg aprox. 870.000 pp.[4]
Motacilla cinerea
Lacépède, 1804
Lavandeira real
LC
Dist Ampla dist ivernante GZ.svg Grey Wagtail.jpg
Motacilla alba alba
Lesson, 1828
Lavandeira branca
LC
Ampla dist GZ.svg White-Wagtail.jpg aprox. 2.190.000 pp.[4]
Motacilla alba yarrellii
Lacépède, 1804
Lavandeira moura
LC
Ampla dist GZ.svg Pied Wagtail rear view 700.jpg aprox. 1.134.000.[4]

Especies e xéneros[editar | editar a fonte]

FAMILIA: MOTACILLIDAE

  • Genus Anthus: picas
    • (c.40 especies; véxase a páxina do xénero)
  • Genus Tmetothylacus
  • Genus Motacilla: lavandeiras
    • Motacilla alba
      • Motacilla alba yarrellii
      • Motacilla (alba) lugens
    • Motacilla grandis
    • Motacilla madaraspatensis
    • Motacilla samveasnae
    • Motacilla aguimp
    • Motacilla citreola
    • Motacilla flava
    • Motacilla cinerea
    • Motacilla capensis
    • Motacilla flaviventris
    • Motacilla clara
  • Genus Dendronanthus
    • Dendronanthus indicus
  • Genus Macronyx: picas africanas
    • Macronyx capensis
    • Macronyx croceus
    • Macronyx fuellebornii
    • Macronyx sharpei
    • Macronyx flavicollis
    • Macronyx aurantiigula
    • Macronyx ameliae
    • Macronyx grimwoodi.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Voelker, Gary; Scott V. Edwards (1998). "Can Weighting Improve Bushy Trees? Models of Cytochrome b Evolution and the Molecular Systematics of Pipits and Wagtails (Aves: Motacillidae)". Systematic Biology 47 (4): 589–603. DOI:10.1080/106351598260608.
  2. 2,0 2,1 2,2 Clancey, P.A. (1991). Encyclopaedia of Animals: Birds. Forshaw, Joseph. pp. 172–173. ISBN 1-85391-186-0.
  3. Xosé Manuel Penas Patiño & Carlos Pedreira López & Calros Silvar (2005). Guía das aves de Galicia. Baía Edicións.. ISBN 84-87674-06-2.
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Aves común reprodutoras en España

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Motacílidos