Lavandeira branca
| Lavandeira blanca | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
M. alba alba |
|||||||||||||||
| Estado de conservación | |||||||||||||||
| Clasificación científica | |||||||||||||||
|
|||||||||||||||
| Nome binomial | |||||||||||||||
| ''Motacilla alba'' Linnaeus, 1758 |
|||||||||||||||
|
Distribución das subespecies.
|
|||||||||||||||
| Subespecies | |||||||||||||||
|
|
|||||||||||||||
A lavandeira branca (Motacilla alba) é unha ave pequena da orde Passeriformes da familia dos Motacillidae. Este paxaro encóntrase en case todos os hábitats, pero principalmente xunto ao home, ao que anuncia a chegada do tempo frío, chegando incluso a aniñar durante esta época.
Índice |
Descrición [editar]
A lavandeira branca é unha ave pequena e elegante, de 16 a 19 cm de lonxitude, cunha cola sempre en movemento.
Diferenzas entre subespecies [editar]
A subespecie Motacilla alba alba é basicamente de cor gris pola parte superior e branca pola inferior, cara branca, copete e pescozo negros.
A subespecie residente en Gran Bretaña Motacilla alba yarrellii cambia o gris polo negro (o un gris case negro nas femias), mais é semellante na súa conduta.
A diferenciación da Lavandeira branca en dúas subespecies en Europa oriental foi debido ao parcial illamento da forma británica, aínda que a esta xa pode verse criando en áreas de Europa central. Hai un bo número doutras subespecies, que se diferencian na cor das alas, o dorso e a cabeza; algunhas como Motacilla alba personata con toda a cabeza negra e una máscara branca na cara, e Motacilla alba subpersonata moi similar coa dorso gris e garganta branca.
Distribución e hábitat [editar]
Esta especie vive en moitas partes de Europa, de Asia e norte de África. Algunhas residen permanentemente neses lugares e outras migran a África.
É unha ave insectívora de campo aberto. Prefire áreas despexadas para aniñar, onde poder ver e seguir as súas presas. Nas zonas urbanas adáptase a buscar o sustento no pavimento ou nos xardíns.
Aniña en gretas de paredes rochosas moi similares ás naturais ou en estruturas feitas polo home.
Subespecies [editar]
- Motacilla alba alba
- Motacilla alba alboides
- Motacilla alba baicalensis
- Motacilla alba dukhunensis
- Motacilla alba leucopsis
- Motacilla alba lugens
- Motacilla alba ocularis
- Motacilla alba persica
- Motacilla alba personata
- Motacilla alba subpersonata
- Motacilla alba yarrellii
Imaxes da lavandeira branca en Galicia [editar]
-
Lavandeira en Bastavales, Brión
Notas [editar]
- IUCN 2006. Asesores: BirdLife International, 2006. id: 53103. Motacilla alba. 12 maio 2006