Articulacións metacarpo-falánxicas
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Articulacións metacarpofalánxicas")
| Articulacións metacarpofalánxicas | |
|---|---|
| Ligamentos e articulacións metacarpo-falánxicas. | |
| Latín | articulationes metacarpophalangeae |
| Gray's | asunto #90 332 |
As articulacións metacarpo-falánxicas son un conxunto de articulacións do membro superior humano, pertencentes ao pulso. Teñen forma condílea e artellan os ósos metacarpianos coa falanxe proximal correspondente. Cada unha das catro articulacións está reforzada por un ligamento palmar e por un lateral.
Índice |
Movementos [editar]
Estas articulacións permiten movementos de flexión, extensión, adución, abdución e circundución. Tanto a abdución coma a adución son movementos moi limitados.
Músculos [editar]
Colaboran na flexión:
- músculo flexor común superficial dos dedos da man
- músculo flexor común fondo dos dedos da man
- músculos lumbricais
- músculos interóseos
- músculo flexor curto do maimiño
- músculo flexor longo do polgar da man e músculo flexor curto do dedo polgar no caso do dedo polgar.
Colaboran na extensión:
- Músculo extensor dos dedos
- Músculo extensor do índice
- Músculo extensor do dedo maimiño
- Músculo extensor curto do polgar e músculo extensor longo do polgar, ambos no caso do dedo polgar.
Véxase tamén [editar]
Bibliografía [editar]
- Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.