Terceiro óso metacarpiano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Terceiro óso metacarpiano
Gray231.png
Terceiro metacarpiano
Metacarpals numbered-en.svg
Os cinco ósos metacarpianos
Latín ossa metacarpalia III
Gray's asunto #55 228

O terceiro óso metacarpiano é un dos cinco ósos do metacarpo. É un metacarpiano máis curto que o segundo.

A súa base artéllase co carpo, posuíndo unha superficie articular para o óso grande, de forma cóncava. Xunto a esta superficie existe unha pequena apófise estiloide, semellante na forma á apófise estiloide do radio. Por enriba da superficie e da apófise áchase unha zona rugosa, que presta inserción ao músculo extensor radial curto do carpo. No lado externo presenta unha superficie articular para o segundo óso metacarpiano e no lado interno unha para o cuarto.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Gray. Anatomy of the human body (en inglés). Edición de 1918 de dominio público.