Laura Tato Fontaíña
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Laura Tato Fontaíña, nada en Vigo no ano 1951, é unha estudosa da literatura galega e especialista en teatro.
Doutora en Filoloxía Galego-Portuguesa e, actualmente, é profesora titular das Facultades de Filoloxía e Humanidades da Universidade da Coruña. Reside en Ferrol. Está especializada en teatro galego, sobre todo no da etapa anterior á Guerra Civil.
Índice |
[editar] Obra
[editar] Artigos
Pese a que non é común citar artigos entre as obras dos autores, Laura Tato é autora de dous traballos deste tipo indispensábeis para coñecer o teatro posterior á Guerra Civil. Estes son:
- "O teatro actual", in V.V.A.A. (1996-1998): Historia da Literatura Galega, Vigo, A Nosa Terra. Volume V; p.p.: 1410-1440.
- "O teatro desde 1936", in Darío Villanueva (coordenador)(2001): Galicia. Literatura: A Literatura desde 1936 ata Hoxe: Poesía e Teatro, A Coruña, Hércules de Ediciones. Volume XXXIII; p.p.: 443-509.
[editar] Ensaios
- Ricardo Carvalho Calero, a Dignidade Persoal (1994)
- Rafael Dieste (1995).
- Teatro e Nacionalismo. Ferrol, 1915-1936 (1995).
- Historia da Literatura Galega (1996-1998) (estivo no comité científico).
- Teatro Galego (1915-1931) (1997).
- Historia do Teatro Galego. Das Orixes a 1936 (1999).
- Literatura Galega: Século XX (2001) (publicación conxunta)

