Manuel Lourenzo González

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Manuel Lourenzo González
Nacemento3 de marzo de 1955
 Paredes
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónescritor e profesor de ensino secundario
Coñecido/a porCeiba de luz, Irmán do vento e O xardín das pedras flotantes
PremiosPremio Xerais e Premio Blanco Amor
Na rede
Bitraga: 4207 Dialnet: 2249058
editar datos en Wikidata ]
Este artigo trata sobre o narrador galego de Vilaboa Manuel Lourenzo González, para o actor e autor teatral Manuel Lourenzo Pérez, de Ferreira do Valadouro, véxase Manuel Lourenzo.
De esquerda a dereita, Anxo González Guerra, Manuel Lourenzo González e Manuel Bragado na presentación de Ceiba de luz no Ateneo de Pontevedra no 2017.

Manuel Lourenzo González, nado en Paredes (Vilaboa) o 3 de marzo de 1955, é un profesor e escritor galego.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Licenciado en Pedagoxía na USC, foi profesor de EXB e despois de secundaria de Lingua e Literatura Galegas, catedrático desde o 2009, no IES Torrente Ballester de Pontevedra ata a súa xubilación. Autor polifacético, ten publicados libros de relatos, novelas, teatro, ademais de obras de literatura infantil e libros de texto.[3]

É coautor de libros para o ensino da lingua e a literatura na ESO (Xerais 1995-1998) e autor de artigos e textos de moi diverso carácter[1], entre eles a revista Retranca.

Participou en numerosas empresas de carácter cultural, dirixiu a A.C. Maio Longo, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega, coordinou a Semana da Educación ou o Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra.[4]

Obra[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

Relatos[editar | editar a fonte]

Literatura xuvenil[editar | editar a fonte]

  • No outono das fragas (1992). Planeta & Oxford. 104 páxs. ISBN 9788498111057.
  • Tanis I o Mocos (1998). Xerais, Merlín. 144 páxs. Ilustracións de Santy Gutiérrez. ISBN 978-84-8302-618-2 (10 ed.).
  • O que é a vida (2001). Xerais, Fóra de Xogo. 192 páxs. ISBN 978-84-8302-633-5 (3ª ed.).
  • Estanislao, príncipe de Sofrovia (2002). Xerais. 160 páxs. Ilustracións de Santy Gutiérrez. ISBN 978-84-9782-500-9 (4ª ed.).
  • Irmán do vento (2003). Xerais, Fóra de Xogo. 208 páxs. ISBN 978-84-9782-055-4 (15ª ed). ePub: ISBN 978-84-9914-546-4. Foi traducida ao inglés.[6]
  • Ela atopa un nome (2005). Editorial Luis Vives (Edelvives). 184 páxs. ISBN 978-8426356598. Foi traducida ao castelán.[7]
  • Unha pantasma no colexio (2006). Rodeira. 168 páxs. ISBN 978-8483490228. Foi traducida ao castelán.[8]
  • O día despois do día (2007). S.M. Col. O Barco de Vapor. 128 páxs. ISBN 978-8498541410. Foi traducida ao castelán.[9]
  • Mundo Arb (2012). S.M. Col. O Barco de Vapor. 208 páxs. ISBN 978-8498542745. Foi traducida ao castelán.[10]
  • Flor de area (2013). Xerais, Fóra de Xogo. 304 páxs. ISBN 978-84-9914-493-1. ePub: ISBN 978-84-9914-542-6.
  • Ceiba de luz, 2017. 344 páxs. ISBN 978-84-9121-276-8. ePub: ISBN 978-84-9121-270-6.

Literatura infantil[editar | editar a fonte]

  • Animais de compañía (1998). Kalandraka. 40 páxs. ISBN 978-8484643296. Traducida ao castelán en Kalandraka (2017).

Teatro[editar | editar a fonte]

Libros de didáctica[editar | editar a fonte]

  • Lingua galega e Literatura 3. A descrición (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1995, 126 páx. ISBN 9788475079202
  • Lingua galega e Literatura 3. A narración (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 135 páx. ISBN 9788475079660
  • O diálogo. Lingua galega e Literatura 4 (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1996, 136 páx. ISBN 9788483020357
  • Lingua galega e Literatura 4. A exposición e a argumentación (con Luís Bará). Edicións Xerais de Galicia, 1998, 150 páx. ISBN 9788483023037

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

  • Premios Pedrón de Ouro. Certames XVI (1990) e XVII (1991) (1992). Ediciós do Castro.
  • Unha liña no ceo (58 narradores galegos 1979-1996) (1996). Xerais.
  • Novo do trinque (1997). BNG.
  • Educación e Paz III. Literatura galega pola Paz (2008) Xerais.
  • Pontevedra. Laranxeiras e limoeiros (2015). Concello de Pontevedra/Galaxia.
  • Plug & Play. Antoloxía galega de ciencia ficción erótica (2015). Urco Editora/Contos Estraños.

Premios[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "autor/a A Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-25. 
  2. "Manuel Lourenzo González – Urco Editora". Consultado o 2020-07-26. 
  3. "Ficha do autor". bvg.udc.es. Consultado o 2020-07-25. 
  4. "Manuel Lourenzo González". Pontevedra Viva. Consultado o 2020-07-26. 
  5. "Ficha do libro Editorial Xerais". www.xerais.gal. Consultado o 2020-07-26. 
  6. "Brother of the Wind". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2018. Consultado o 2019-11-05. 
  7. "Ella encuentra un nombre". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  8. "Unha pantasma no colexio". datos.bne.es (en castelán). Consultado o 2019-11-05. 
  9. "El día después del día". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  10. "Mundo Arb". bibliotraducion.uvigo.es. Arquivado dende o orixinal o 01 de xuño de 2020. Consultado o 2019-11-05. 
  11. "Fallados los Premios de Literatura O Barco de Vapor, en gallego, y Baporea, en euskera". Arquivado dende o orixinal o 21 de marzo de 2016. Consultado o 16 de marzo de 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]