Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia son un certame teatral que se celebra en Ribadavia entre 1973 e 1980.

Antecedentes[editar | editar a fonte]

No ano 1969, nace en Ribadavia a Agrupación Cultural Abrente. Esta asociación, a cal acollía nos seus inicios (entre outras cousas) un cineclub , apostou case desde o principio polo teatro.

En 1970, celébrase en Pontevedra a primeira e última edición das Xornadas de Teatro de Pontevedra, ás cales acudiron maioritariamente grupos de cámara. Aínda así, a elas acudiu igualmente o grupo de Teatro Independente Grupo Teatro Circo, da Coruña, o cal xa viña existindo desde 1965, da man (entre outros) de Manuel Lourenzo. E foi o Teatro Circo a grande sensación destas Xornadas de Pontevedra. En contraposición, o grupo anfitrión, o Teatro Popular de Pontevedra, mostraba o comezo da súa decadencia, debido a problemas internos (segundo a versión oficial). O principio da fin do Teatro de Cámara estaba moi próximo, ao igual que o dominio do Teatro Independente, o cal viña existindo en Galiza desde 1965, acadando o seu maior auxe durante a celebración das Mostras de Teatro Abrente de Ribadavia.

As Mostras[editar | editar a fonte]

A partir do ano 1973, a Agrupación Cultural Abrente, dirixida por Rubén García, iniciará a organización das Mostras de Ribadavia. Estas, deben enterderse dentro do ambiente da recuperación cultural (e socioeconómica) que existiu no Estado Español a partir da década de 1960. Por este motivo, as Mostras serán un punto de encontro estupendo para a normalización do Teatro Galego e para demostrar o compromiso da dramática con Galiza, coa súa realidade e o seu idioma. Arredor destas mostras, xurdiron os autores do grupo Abrente, o primeiro grupo xeracional de dramaturgos profesionais en lingua galega, grupo entre os que destacan os autores Manuel Lourenzo, Roberto Vidal Bolaño e Euloxio R. Ruibal.

Unha boa proba do papel normalizador xogado por este grupo constitúea a celebración do Concurso Abrente de Textos Teatrais en Galego, o cal contribuíu para que xurdisen ou se desen a coñecer novos autores. O primeiro gañador deste Premio Abrente foi Euloxio R. Ruibal, mercé á súa peza Zardigot (1973). O último, Roberto Vidal Bolaño , con Bailadela da Morte Ditosa (1980). Entre eles, temos outros gañadores de alto nivel, como Manuel Lourenzo ou os por daquela debutantes Camilo Valdorras (quen só publicou unha obra teatral, da cal falaremos máis adiante) e Manuel Guede.

O impacto da primeira edición debeu ser grande no mundo do teatro, posto que se na prmieira edición as Mostras contaron con oito grupos dramáticos, na segunda pasaron a participar doce.

Mais nesta segunda edición das Mostras (1974), surxíu a máis que vella polémica que confrontaba a liña do teatro costumista coa dun teatro innovador e independente. Entre os primeiros, encontramos varios do vellos autores, destacando Eduardo Blanco Amor. O grupo dos defensores dunha dramática innovadora, conformado principalmente por escritores dramáticos novos, foi que tivo mellor fortuna, posto que foi a súa postura a predominante.

Na VI Mostra (1978), por outra parte, sucedéronse unha serie de acontecementos importantes para a historia do noso teatro. Por primeira vez, un acontecemento relacionado co Teatro Galego recibía unha axuda oficial o cal, xunto coa climatoloxía, retrasou o comezo da VI Mostra. Outro feito notábel foi a presentación do primeiro libro da colección “Ribadavia” de Edicións do Rueiro (Progreso e Andrómeda do Antroido, de Camilo Valdeorras, gañadora da edición de 1977), a cal parte da vontade de Abrente de dar saída ás obras gañadoras do seu concurso teatral, vontade que xa estaba expresa nas bases da primeira edición. Mais, por riba de todo, 1978 é o ano no que asistimos á profesionalización do Teatro Galego, non sen conflito, pois existía un sector que se opoñía a esta. De feito, a sexta Mostra de Teatro Abrente conxugou grupos profesionais con grupos afeccionados, o cal levou a incremento da participación.

Mais esta edición de 1978 tamén presentou a súa faceta máis negativa. As Mostras, pensadas maioritariamente como un instrumento de loita contra o franquismo, querían ser un movemento cultural liberador; mais a vitoria da U.C.D. e a fragrante derrota das esquerdas nos comicios de 1977, creou unha patente desilusión expresada nun documento interno da Asociación Cultural Abrente, redactado probabelmente en Febreiro de 1978. Alén diso, nese mesmo texto afirmaban estes por daquela rapaces e rapazas a súa preocupación por crear unha cultura menos “libresca” e máis “democrática”. Isto, unido á escasa repercusión mediática desta edición, debeu abrirlle o camiño á futura disolución das Mostras en 1980. A apatir dese momento, o teatro reivindicativo perde forza, o público muda e os autores de Abrente experimentan novas formas e temáticas dramáticas.

Obras premiadas[editar | editar a fonte]

Para dar a coñecer novos autores, a organización das Mostras creou un premio teatral. As pezas premiadas foron as seguintes:

Véxase tamén[editar | editar a fonte]