Entre bateas

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

Entre bateas é un filme dirixido por Jorge Coira e estreado en 2002. Trátase dunha coprodución na que tanto o equipo técnico coma o artístico están formados na súa maior parte por galegos.

Foi a gran triunfadora dos Premios Mestre Mateo do audiovisual galego no ano 2003, recibindo os galardóns á mellor película de TV e o premio do público. Gañou as categorías da mellor dirección e montaxe (Jorge Coira), actriz de reparto (Rosa Álvarez), maquillaxe e perruquería (Eva Fontenla e Trini Fernández), son, banda sonora (Piti Sanz), dirección artística (Marta Villar), dirección de produción (Roberto Sinde).

[editar] Argumento

O filme narra o conflito que se dá na ría de Arousa entre os antigos contrabadistas de tabaco e os novos narcotraficantes a través da historia de Mario, un experto condutor de planeadoras e de Sego, un antigo amigo seu que opta por pasarse ó tráfico de drogas. A trama complétase coa relación de Mario e a súa muller -que o abandona farta do seu oficio de contrabadista de tabaco- e os conflitos entre as redes de narcotraficantes. Fonte: Consello da cultura Galega

[editar] Reparto

[editar] Ligazóns externas

Ferramentas persoais