Mostar
Mostar é unha cidade de 105.448 habitantes (2003) de Bosnia - Hercegovina é o centro do cantón de Herzegovina - Neretva da Federación de Bosnia e Hercegovina. Localízase na ribeira do río Neretva. O 48% da poboación é croata, o 48% bosníaca e o 3 % serbio.
Índice |
Historia [editar]
Mostar fundouse a fins do século XV e converteuse no centro administrativo da rexión de Herzegovina. En 1878 integrouse no Imperio Austro-Húngaro, e despois da Primeira Guerra Mundial pasou a formar parte de Iugoslavia.
Guerra bosníaca [editar]
Durante a guerra de Bosnia, entre 1992 e 1993, logo que Bosnia - Hercegovina declarase a súa independencia de Iugoslavia, a cidade estivo sometida a sitio durante nove meses. O 3 de abril de 1992 o Exército Popular Iugoslavo (JNA) bombardeou Mostar por primeira vez e na seguinte semana conseguiron controlar gran parte da cidade. O 8 de abril os croatas de Herzegovina fundaron o Consello de Defensa Croata (Hrvatsko Vijeće Obrane, HVO) como unha formación militar para loitar co JNA, na loita os serbios destruíron a catedral católica, o pazo do bispo (coa súa biblioteca de 50.000 volumes), un mosteiro franciscano e 14 mesquitas.
O 12 de xuño HVO xunto a milicias bosníacas conseguiron botar á JNA fóra da cidade, no sitio que seguiu os serbios bombardearon Mostar dende as montañas.
En 1993 os bosníacos e os croatas enfróntanse polo control da cidade, o 9 de maio os croatas bombardearon o barrio bosníaco, reducíndoo a ruínas. E o 9 de novembro a ponte de Stari Most do século XVI, símbolo da cidade, foi destruído por un morteiro croata. O 25 de febreiro de 1994 asinouse un cesamento do fogo, e a cidade permaneceu dividida en dúas.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]