Pablo Hernández

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Pablo Hernández Domínguez
PabloHdz.jpg
Nome completo: Pablo Hernández Domínguez
Alcume: '
Data de nacemento: 11 de abril de 1985
Lugar de nacemento: Onda, Castelló, España
Data de falecemento: {{{datafalecemento}}}
Lugar de falecemento: {{{cidadefalecemento}}}, {{{paisfalecemento}}}
Nacionalidade: España
Club actual: Valencia CF
Posición: Extremo dereito
Altura: 1,73 metros
Partidos internacionais: 4
Goles: 1 (selección española)
Ano do debut: 2004
Club do debut: CD Onda
Ano do retiro: {{{anoretiro}}}
Club do retiro: {{{clubretiro}}}

Pablo Hernández Domínguez (Onda, Castelló, 11 de abril de 1985) é un futbolista internacional español. Xoga de extremo dereito e o seu actual equipo é o Valencia CF da Primeira División de España.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pablo Hernández é un futbolista formado no AVV Rafalafena e posteriormente nas categorías inferiores do Club Deportivo Castellón. Tras o seu paso polo equipo xuvenil do Valencia CF, foi cedido durante a tempada 2004-05 ao Club Deportivo Onda.

Posteriormente, xogou dúas tempadas no Valencia Mestalla, filial do Valencia CF, chegando a debutar co primeiro equipo na última xornada da tempada 2005-06 contra ó Osasuna. Durante a tempada 2006-07, converteuse no máximo goleador do seu equipo ata que no mercado de inverno asinou a súa cesión ao Cádiz CF.[1]

Xoga en calidade de traspasado no Getafe CF como pago pola fichaxe de Alexis Ruano polo equipo valencianista. O Valencia reservouse unha opción de recompra de 1 millón de euros durante o primeiro ano e de 2 millóns durante o segundo ano. En xaneiro de 2008 o club valenciano exerce a opción de compra e Pablo asina para os próximos 6 anos.[2] Incorporarase á disciplina valencianista no verán dese mesmo ano, tras finalizar a tempada co Getafe.[3]

Selección nacional[editar | editar a fonte]

O 5 de xuño de 2009, foi convocado por primeira vez coa selección española para disputar a Copa Confederacións.[4] Deste xeito o 20 de xuño de 2009 debutou co equipo nacional no encontro que o enfrontou a Sudáfrica ao substituír ao seu compañeiro David Villa no minuto 60.[5]

Clubs[editar | editar a fonte]

  • Actualizado a 2 de outubro de 2010.
Club País Período Liga
PX (G)
Copa
PX (G)
CD Onda España 2004-2005 ¿? ¿?
Valencia CF Mestalla España 2004-2007 16 4
Valencia CF España 2005-2006 1 0
Cádiz CF España 2006-2007 22 4
Getafe CF España 2007-2008 43 8
Valencia CF España 2008-2009 31 5
Valencia CF España 2009- 2010 44 8
Valencia CF España 2010- 2011 7 2

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]