José Manuel Pinto

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «José Manuel Pinto Colorado»)
Infotaula de personaJosé Manuel Pinto

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(es) José Manuel Pinto Colorado Editar o valor em Wikidata
8 de novembro de 1975 Editar o valor em Wikidata (48 anos)
El Puerto de Santa María, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Altura186 cm Editar o valor em Wikidata
Peso100 kg Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista , produtor musical , compositor Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Deportefútbol Editar o valor em Wikidata
Posición de xogoGardameta Editar o valor em Wikidata
Traxectoria
  Equipo enllaç= enllaç=
1994-1997 Real Betis Balompié B 68(60)
1997-1998 Real Betis Balompié 1(0)
1998-1998 Real Betis Balompié 1(0)
1998-2008 Real Club Celta de Vigo 181(0)
2008-2008cesión Futbol Club Barcelona 3(0)
2008-2014 Futbol Club Barcelona 31(0) Editar o valor em Wikidata

Musicbrainz: 8c5cd3e7-9a0c-4325-8a65-981259b18664 UEFA: 43688 Editar o valor em Wikidata

José Manuel Pinto Colorado, nado en El Puerto de Santa María (Cádiz) o 8 de novembro de 1975, é un futbolista español. Xoga de porteiro.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Comezou a súa carreira profesional nas categorías inferiores do Real Betis Balompié, xogando 3 tempadas en Segunda B entre 1994 e 1997. No ano 1998 pasa a formar parte do primeiro equipo do Real Betis Balompié.

Celta de Vigo[editar | editar a fonte]

Militou no Real Club Celta de Vigo, ó longo de 9 anos (desde a tempada 1998-1999), . Aínda que nas súas primeiras tempadas no conxunto vigués exerceu como segundo porteiro, nos últimos anos converteuse en titular indiscutible, disputando practicamente todos os encontros das tempadas 2005-2006 e 2006-2007. Por outro lado tamén foi un dos capitáns do equipo celeste durante o seu derradeiro ano no club.

Disputou a Copa da UEFA co Celta en catro tempadas consecutivas entre 1999 e 2003 e ó ano seguinte (2003-2004) xogou varios encontros da Champions League na primeira vez na súa historia que o Celta acadaba a clasificación para participar nesta competición.

O descenso a Segunda División do Celta, na tempada 2003–04, supuxo a chegada ao banquiño vigués de Fernando Vázquez, quen confiou a Pinto a titularidade. A seguinte tempada, novamente en Primeira, Pinto continuou como titular indiscutíbel e conquistou o Trofeo Zamora como gardameta menos goleado do campionato. Porén, un ano máis tarde, o seu equipo perdeu novamente a categoría.

FC Barcelona[editar | editar a fonte]

O 18 de xaneiro de 2008 anunciouse oficialmente a súa incorporación, en calidade de cedido, ao FC Barcelona, que buscaba un futbolista para suplir o seu segundo gardameta, Albert Jorquera, lesionado a finais de decembro de 2007 para o resto da tempada. Os blaugranas desembolsaron 500.000 euros pola cesión de seis meses, reservando unha opción de compra sen custo adicional. Na súa primeira tempada en Barcelona xogou tres partidos de Liga, nos que encaixou oito goles. A pesar da súa escasa participación, o Barcelona decidiu exercer a opción de compra sobre o xogador, ofrecéndolle un contrato de dúas tempadas.

Na tempada 2008–09 é suplente habitual de Víctor Valdés en liga e Liga de Campions, aínda que é o gardameta titular na Copa do Rei. Nesta competición tivo un papel especialmente destacado no encontro de volta das semifinais, fronte ao RCD Mallorca, cando detivo un penalti. Tamén xogou un papel importante na súa final, xa que só encaixou un gol do Athletic Club, dándolle ao seu equipo a súa primeira copa do ano 2009.

Na Liga de Campións da UEFA 2010-11 foi sancionado con dous partidos logo de imitar o asubío do árbitro nun enfrontamento contra o F.C. København[1].

Palmarés[editar | editar a fonte]

Campionatos nacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa do Rei FC Barcelona España España 2008/09
Liga española FC Barcelona España España 2008/09
Liga española FC Barcelona España España 2009/10
Supercopa de España FC Barcelona España España 2009/10
Liga española FC Barcelona España España 2010/11
Supercopa de España FC Barcelona España España 2010/11
Copa do Rei FC Barcelona España España 2011/12
Supercopa de España FC Barcelona España España 2011/12

Copas internacionais[editar | editar a fonte]

Título Club País Ano
Copa Intertoto Celta de Vigo España España 2000
Copa de Europa FC Barcelona España España 2008/09
Supercopa de Europa FC Barcelona España España 2009/10
Mundial de Clubs FC Barcelona España España 2009/10
Copa de Europa FC Barcelona España España 2010/11
Supercopa de Europa FC Barcelona España España 2011/12
Mundial de Clubs FC Barcelona España España 2009/10

Distincións individuais[editar | editar a fonte]

Distinción Ano
Trofeo Zamora 2006

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]