Peter Luccin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Peter Luccin
Información persoal
Nome Peter Bernard Luccin
Nacemento 9 de abril de 1979 (45 anos)
Lugar de nacemento Marsella
Altura 1,81 m.
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996 Cannes 13 (0)
1997–1998 Bordeaux 41 (0)
1998–2000 Marseille 51 (2)
2000–2002 Paris Saint-Germain 26 (1)
2001–2002Celta (cedido) 33 (1)
2002–2004 Celta de Vigo 64 (6)
2004–2007 Atlético de Madrid 89 (2)
2007–2010 Zaragoza 30 (0)
2008–2009R. de Santander (cedido) 23 (2)
2011–2012 Football Club Lausanne-Sport 8 (1)
2013 FC Dallas
Selección nacional
1997 Francia sub-20 5 (2)
Na rede
FIFA: 182646 UEFA: 27585 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Peter Bernard Luccin, nado en Marsella o 9 de abril de 1979, é un exfutbolista francés. Xogaba de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Empezou xogando no Cannes, debutando o 24 de agosto de 1996 nun partido contra o Montpellier que rematou con vitoria (0–1).

Máis tarde militou en varios equipos franceses: Girondins de Bordeos, Olympique de Marsella e Paris Saint Germain.

En 2001 chega á liga española de fútbol para xogar co Celta de Vigo.

Debuta na Primeira división da liga española o 26 de agosto de 2001 no partido Osasuna 0 - 3 Celta.

Co Celta de Vigo xoga tres tempadas, disputando 97 partidos de liga.

En 2004 ficha polo Atlético de Madrid. Na súa primeira tempada, disputa 29 partidos de liga sen marcar ningún gol.

Na 2005-2006 (ás ordes de Bianchi), Peter Luccin xoga outros 29 partidos e consegue anotar dous goles.

E na súa última tempada de branquivermello (con Javier Aguirre á cabeza), xoga 31 partidos, sendo un dos artífices da gran primeira volta do Atlético. O club acaba sen conseguir os seus obxectivos e no verán xoga a Intertoto Cup, conseguindo así, tras gañar a final ao Gloria Bistrita, meterse na Copa da UEFA para a tempada 2007-2008.

O día de peche de inscricións do verán de 2007 é traspasado ao Real Zaragoza por 3 tempadas. O conxunto está dirixido nese momento polo adestrador Víctor Fernández, quen xa contou co xogador cando dirixía ao Celta de Vigo.

Clubs[editar | editar a fonte]

Club Categoría Ano Partidos Goles
As Cannes Football Liga francesa 1995/1996 13 0
Girondins de Bordeaux Liga francesa 1996/1997 11 0
Girondins de Bordeaux Liga francesa 1997/1998 30 0
Olympique de Marsella Liga francesa 1998/1999 23 1
Olympique de Marsella Liga francesa 1999/2000 28 1
Paris Saint Germain Liga francesa 2000/2001 26 1
Celta de Vigo Primeira División 2000/2001 33 1
Celta de Vigo Primeira División 2001/2002 35 1
Celta de Vigo Primeira División 2003/2004 29 5
Atlético Madrid Primeira División 2004/2005 29 0
Atlético Madrid Primeira División 2005/2006 29 2
Atlético Madrid Primeira División 2006/2007 31 0
Real Zaragoza Primeira División 2007/2008 S/D S/D

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]