Jesús Mora Nieto
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Jesús Mora Nieto | ||
| Nacemento | 24 de xaneiro de 1978 (35 anos) | ||
| Lugar | Sevilla, España | ||
| Altura | 1,78 m. | ||
| Posición | Centrocampista | ||
| Carreira xuvenil | |||
| Sevilla | |||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1996–1998 | Sevilla B | ||
| 1997–2000 | Sevilla | 64 | (3) |
| 2000–2004 | Celta de Vigo | 153 | (29) |
| 2004–2008 | Sevilla | 33 | (1) |
| 2007 | → Real Sociedad (cedido) | 11 | (0) |
| 2008 | → Tenerife (cedido) | 7 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 1996 | España sub-18 | 4 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Jesús Mora Nieto, máis coñecido coma Jesuli, nado en Sevilla o 24 de xaneiro e 1978, é un ex futbolista español. Xogaba de centrocampista.
Índice |
Traxectoria [editar]
Xogador talentoso pero moi inestabel, o que o levou a non chegar a explotar todo o seu potencial, formouse nas categorías inferiores do Sevilla FC, debutando no primeiro equipo en Primeira División na tempada 1996–97.
No verán do ano 2000 é traspasado ao Celta de Vigo onde disputa a Copa da UEFA todolos anos que milita en Vigo agás o último, no que o equipo xogou a Liga de Campións, porén esa última tempada consúmase o descenso a Segunda División e Jesuli deixa o equipo.
No ano 2004 ficha outra vez polo Sevilla FC, porén nesta segunda etapa non tería moito éxito e foi cedido a equipos de Primeira e Segunda División, coma a Real Sociedad ou o CD Tenerife.
Retirouse no ano 2008, na actualidade xoga no equipo de Fútbol Indoor do Sevilla FC.
Unha vez retirado do fútbol en activo viuse involucrado nunha polémica a raíz dun suposto caso de corrupción no encontro que decidiu o ascenso do CD Tenerife en detrimento da Real Sociedad na tempada 2007–08, cando Jesuli era xogador no club tinerfeño. Tanto dende o club tinerfeño coma Lorenzo Sanz, ex presidente do Real Madrid que se viu involucrado na polémica sempre negaron as acusacións.
Palmarés [editar]
- Celta de Vigo
- Copa Intertoto da UEFA: 2000
- Sevilla
- Copa da UEFA: 2005–06
- Copa do Rei: 2006–07