Ángel López Ruano

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Ángel Domingo López Ruano»)
Ángel
Información persoal
Nome Ángel Domingo López Ruano
Nacemento 10 de marzo de 1981 (43 anos)
Lugar de nacemento As Palmas de Gran Canaria
Altura 1,80 m.
Posición Defensa / Centrocampista
Carreira xuvenil
1998–2000 Las Palmas
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2000–2003 Las Palmas 81 (1)
2003–2007 Celta de Vigo 159 (6)
2007–2012 Villarreal 104 (2)
2012–2013 Betis 11 (1)
2013–2016 Las Palmas 71 (2)
Selección nacional
2001–2003 España sub-21 14 (0)
2006–2008 España 5 (0)
Na rede
UEFA: 63460 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Ángel Domingo López Ruano, coñecido como Ángel, nado nas Palmas de Gran Canaria o 10 de marzo de 1981, é un exfutbolista español, que xogaba de defensa ou centrocampista. Foi internacional coa selección española.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Logo de xogar nas categorías inferiores e nos equipos B e A do UD Las Palmas, Ángel chega ao Celta no mercado de inverno da tempada 2002-03, con Miguel Ángel Lotina no banquiño celeste. Esa tempada acabou disputando 15 partidos. O seu debut produciuse un 9 de febreiro de 2003, contra o Mallorca, nun encontro que o Celta gañou 0-2. Ángel xogara de titular como interior dereito.

Custoulle ter un sitio no equipo e convencer a afección. Foi con Fernando Vázquez en Segunda División cando se fixo un imprescindible no once titular. O adestrador xa o coñecía do seu paso polo Las Palmas. Tiña contrato co Celta ata o ano 2012, pero no 2007 marchou ao Villarreal.

O adestrador da selección española Luis Aragonés cconvocouno por primeira vez o 10 de novembro de 2006. O seu debut como internacional tivo lugar o 16 de novembro de 2006 no amigábel España-Romanía (0-1), onde xogou de titular durante 73 minutos. Repetiu o 7 de febreiro de 2007 ante Inglaterra, onde xogou 45 minutos. O seu debut en partido oficial foi o 24 de marzo de 2007, cando foi titular no España-Dinamarca (2-1), nun partido de clasificación para a Eurocopa de fútbol 2008, e onde recibiu un cartón amarelo.

Características[editar | editar a fonte]

Aínda que comezou como mediocentro, reconverteuse a lateral dereito (con Fernando Vázquez), posición na que xogou varias tempadas. Tecnicamente bo, posuía unha boa condición física.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Real Club Celta de Vigo - Tempada 2006-07

Esteban | Lucas | Lequi | Oubiña | Areias | Núñez | Ángel | Guayre | Bamogo | Gustavo López | Tamas | Placente | Pinto | J. Perera | Contreras | Paulo García | Baiano | Yago | Iónatan Aspas | Jorge | De Ridder | Nené | Canobbio | Iriney