Borja Oubiña
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Oubiña.
| Borja Oubiña |
|||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Borja Oubiña Meléndez | ||
| Alcume: | Oubiña | ||
| Data de nacemento: | 17 de maio de 1982 | ||
| Lugar de nacemento: | Vigo (Pontevedra), Galiza | ||
| Data de falecemento: | |||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Nacionalidade: | |||
| Club actual: | Celta de Vigo | ||
| Posición: | Mediocentro | ||
| Altura: | 1,80 metros | ||
| Partidos internacionais: | 1 (Galiza) e 2 (España) | ||
| Goles: | 1 | ||
| Ano do debut: | 1999 | ||
| Club do debut: | Celta B | ||
| Ano do retiro: | |||
| Club do retiro: | |||
Borja Oubiña Meléndez, nado en Vigo o 17 de maio de 1982, é un futbolista galego que xoga habitualmente na posición de Mediocentro.
Aínda que de moi neno xogou no Moledo CF, formouse no Gran Peña e nas categorías inferiores do Celta de Vigo, ascendeu ao primeiro equipo en 2003. Nas tempadas 2005-2006 e 2006-2007 foi un indiscutíbel titular.
Índice |
[editar] Traxectoria
Debutou co Celta nun partido contra o Valencia CF na tempada 2003-2004 da man de Miguel Ángel Lotina. Esa tempada xogou doce partidos de liga e dous da Champions, o primeiro deles contra o Arsenal londiniense, no estadio de Highbury Park.
Logo do descenso do equipo, Oubiña liderou o conxunto como titular habitual, ata o ascenso. Ao ano seguinte, xa en primeira, foi determinante para que os celestes acadaran a sexta praza e se clasificasen para a Copa da UEFA. Destaca pola súa capacidade para recuperar balóns.
Co descenso a Segunda División do equipo vigués en xuño de 2007 o xogador expresou o seu desexo de abandonar o club. Despois de que varios equipos se interesasen polo futbolista sen chegar a acordos co Celta, este cedeu a Oubiña ao Birmingham City inglés o mesmo día que pechaba o mercado de fichaxes (31 de agosto de 2007).
No minuto 11 de xogo na sexta xornada da Premier League, no seu segundo encontro co seu novo club, o primeiro como titular, fronte ao Liverpool FC, bate contra Dirk Kuyt o que produciu a rotura dos ligamentos do xeonllo esquerdo. A partir de aí comezaron os problemas e as presións por parte do Birmingham City que fixeron que finalmente rescindiran o contrato que lles unía. Así, Oubiña regresou a Vigo para continuar a súa recuperación e incorporarse ao Celta de Vigo, club co que aínda ten contrato.
438 días despois de ser operado do xeonllo, o xogador galego volveu atar as botas para desputar un encontro oficial. O 6 de nadal de 2008, Oubiña saltou ao campo no Nuevo Insular de Las Palmas. O partido perdeuno o Celta por 2-0.
[editar] Internacionalidade
Internacional coa selección galega no partido contra Uruguai, no debú do conxunto galego dende a posguerra (29 de decembro de 2005). Internacional tamén coa selección española, onde debutou nun partido contra Liechtenstein (2 de setembro de 2006).
[editar] Clubs
| Ano | Club | División | País | Partidos | Goles |
|---|---|---|---|---|---|
| 2001-2002 | Celta de Vigo B | Segunda B | 35 | 1 | |
| 2002-2003 | Celta de Vigo B | Segunda B | 20 | 3 | |
| 2003-2004 | Celta de Vigo B | Segunda B | 13 | 1 | |
| Celta de Vigo | Primera | 12 | 0 | ||
| 2004-2005 | Celta de Vigo | Segunda | 30 | 1 | |
| 2005-2006 | Celta de Vigo | Primera | 36 | 1 | |
| 2006-2007 | Celta de Vigo | Primera | 30 | 1 | |
| 2007-2008 | Celta de Vigo | Segunda | 1 | 0 | |
| Birmingham City (Cedido) | Premier | 2 | 0 | ||
| 2008-2009 | Celta de Vigo | Segunda | 15 | 0 | |
| 2009-2010 | Celta de Vigo | Segunda | 0 | 0 |
[editar] Curiosidades
- Licenciouse en Empresariais na Universidade de Vigo.
[editar] Véxase tamén
[editar] Ligazóns externas
| Real Club Celta de Vigo - Tempada 2009-10 | ||
|---|---|---|
|
Falcón | Sergio Ortega | Roberto Lago | Oubiña | Ghilas | Rubén | Vasco Fernandes | Rosada | Arthuro | Trashorras | Danilo | Pedro Botelho | Notario | Iago Aspas | Catalá | Saulo | Noguerol |
||