Juan José Jayo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jayo
Información persoal
Nome Juan José Jayo Legario
Nacemento 20 de xaneiro de 1973
Lugar de nacemento Lima
Altura 1,71 m
Posición Centrocampista
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1990–1998 Club Alianza Lima
1999–2000 Unión de Santa Fé
2001 Celta de Vigo 14 (0)
2001-2002 UD Las Palmas 18 (0)
2002–2008 Club Alianza Lima
2008 José Gálvez
2009–2012 Club Alianza Lima
Selección nacional
1994-2008 Selección de fútbol do Perú 97 (1)
Na rede
FIFA: 170153 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Juan José Jayo Legario, nado en Changuillo (provincia de Nazca) o 20 de xaneiro de 1973, é un exfutbolista peruano que xogaba na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Pese a comezar a xogar como dianteiro destacou en 1993 como centrocampista defensivo no Club Alianza Lima. En 1997 gañou o seu primeiro título da liga peruana, estes bos papeis no Alianza fan que fiche polo Unión de Santa Fé en 1999, porén no mercado de inverno de 2001 ficha polo Celta de Vigo. Só xogou no Celta o resto desa tempada, incluíndo a final da Copa do Rei en 2001, encontro que perdería ante o Real Zaragoza.

A tempada seguinte xoga no UD Las Palmas pero tampouco permanecería máis dun ano, volvendo ao Perú ao club no que debutou, o Alianza Lima. Militou no club ata o ano 2012 coa excepción do ano 2008 cando xogou no José Gálvez FBC, nestes anos gañou outros tres campionatos peruanos (2003, 2004 e 2006) amais de tres Torneo Apertura (1997, 2003 e 2006) e dous Clausura (1997 e 2003).

Finalmente retirouse o 18 de novembro de 2012.

Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Entre os anos 1994 e 2008 disputou 97 encontros coa Selección de fútbol do Perú, anotando un gol.