Saša Ilić

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saša Ilić
Información persoal
Nome Saša Ilić
Nacemento 30 de decembro de 1977 (46 anos)
Lugar de nacemento Požarevac
Altura 1,78 m.
Posición Centrocampista
Número 22
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1996-2003 Partizan Belgrado 178 (84)
2004Celta de Vigo 13 (1)
2004-2005 Partizan Belgrado 22 (16)
2005–2007 Galatasaray SK 59 (22)
2007–2008 Red Bull Salzburg 33 (8)
2009 AE Larisa 12 (1)
2009-2010 Red Bull Salzburg 1 (0)
2010- Partizan Belgrado
Selección nacional
Iugoslavia sub-21 5 (1)
2000-2003 Iugoslavia 12 (1)
2003-2006 Serbia e Montenegro 17 (3)
2006-2008 Serbia 8 (3)
Na rede
FIFA: 298690 UEFA: 32750 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Saša Ilić, nado en Požarevac o 30 de decembro de 1977, é un futbolista serbio que xoga na demarcación de centrocampista.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Formouse e comezou a xogar no FK Partizan de Belgrado, xogou no equipo serbio durante case dez anos seguidos, salvo seis meses na tempada 2003/04 que xogou cedido no Celta de Vigo. A pesar do seu bo papel o equipo descendeu a Segunda División a final de tempada e el volve a Belgrado.

No verán de 2005 fichou polo Galatasaray SK turco, de onde saíu traspasado ao Red Bull Salzburg en xuño de 2007. O ano 2009 xogouno cedido no AE Larisa grego e en 2010 fichou polo seu club de orixe, o Partizan Belgrado.

Coa selección de fútbol[editar | editar a fonte]

Saša Ilić comezou a xogar co combinado nacional da extinta Iugoslavia. 37 veces internacional por Serbia e Montenegro, debutou con este combinado o 16 de agosto de 2000 ante Irlanda do Norte en Belfast con vitoria por 1-2. Aquel día formou canda a xogadores como Djordjevic, Mijatovic, Milosevic, Kezman ou Stankovic.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]