Sergio Fernández González
| Información persoal | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo | Sergio Fernández González | ||
| Nacemento | 23 de maio de 1977 (36 anos) | ||
| Lugar | Avilés, España | ||
| Altura | 1.91 m | ||
| Posición | Defensa | ||
| Carreira xuvenil | |||
| 1992–1994 | Sporting de Gijón | ||
| Carreira sénior | |||
| Anos | Equipos | Aprs† | (Gls)† |
| 1994–1996 | Sporting de Gijón B | 51 | (2) |
| 1996–1999 | Sporting de Gijón | 84 | (2) |
| 1999–2006 | Celta de Vigo | 130 | (4) |
| 2006–2008 | Real Zaragoza | 55 | (1) |
| 2008–2012 | CA Osasuna | 81 | (4) |
| 2012 | Sporting de Gijón | 1 | (0) |
| Selección nacional | |||
| 1997–2000 | España sub-21 | 12 | (0) |
| * Partidos e goles só en liga doméstica. † Aparicións (Goles) |
|||
Sergio Fernández González, nado o 23 de maio de 1977 en Avilés é un ex-futbolista español que xogaba na demarcación de defensa central.
Traxectoria [editar]
Formouse nas categorías inferiores do Sporting de Gijón, debutou co primeiro equipo na tempada 1995/96.
Tras varios anos como habitual na Selección de fútbol sub-21 de España, no verán de 1999 fichou polo Celta de Vigo, adestrado por aquel entón por Víctor Fernández.
Porén a súa progresión viuse truncada polas lesións, chegando a pasar tempadas en branco como a 2000/01. Nas sete tempadas que militou disputou dúas tempadas na Copa da UEFA e chegou a debutar na Liga de Campións, pero tamén sufriu o descenso a Segunda División e o posterior ascenso.
A finais da tempada 2004/05 non renova co Celta e ficha polo Real Zaragoza, dirixido polo seu ex-adestrador no Celta Victor Fernández, onde militaría tres anos nos que tamén chegou a xogar a UEFA e a descender a Segunda. No verán de 2008 deixou o club maño e fichou polo CA Osasuna, onde xogou catro tempadas en Primeira División.
Finalizado o seu contrato co Osasuna regresou ao Sporting de Gijón adestrado polo seu ex-compañeiro no Sporting e no Celta Manolo Sánchez Murias. Porén as lesións obrigarono a retirarse antes de rematar a tempada, o 21 de outubro de 2012 anunciou que colgaba as botas.