Kemba Walker
| Charlotte Bobcats – No. 15 | |
| Base/Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de maio de 1990 (23 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,85 m (6 ft 1 in) |
| Peso | 83kg (184 lb) |
| Instituto | Rice (Nova York) |
| Información da carreira | |
| Universidade | Connecticut |
| NBA Draft | 2011 / Rolda: 1 / Elección: 9
Escollido por Charlotte Bobcats |
| Carreira | dende 2011 |
| Historial de equipos | |
| Charlotte Bobcats (2011-presente) | |
| Información en nba.com | |
Kemba Hudley Walker, nado o 8 de maio de 1990 en Bronx, Nova York, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Charlotte Bobcats da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
O 23 de xuño de 2011, Walker foi elixido na 9ª posición do Draft da NBA de 2011 polos Charlotte Bobcats.[1] O 11 de decembro de 2011, asinou o seu contrato coma rookie cos Bobcats,[2] e coa lesión do base D.J. Augustin, convertiuse no seu base titular. O 28 de xaneiro de 2012, conseguiu o seu primeiro triple-dobre, con 20 puntos, 11 asistencias e 10 rebotes, uníndose a Boris Diaw e a Stephen Jackson coma os únicos en conseguir un na historia dos Bobcats.[3] Walker participou no Rising Stars Challenge de 2012 durante o All-Star Weekend da NBA.
Notas [editar]
- ↑ "Sources: Kemba Walker going pro". ESPN.com. 12 de abril de 2011. http://sports.espn.go.com/ncb/news/story?id=6331070. Consultado o 12 de abril de 2011.
- ↑ "Charlotte Bobcats Sign Guard Kemba Walker". NBA.com. 2011-12-11. http://www.nba.com/bobcats/release_kemba_walker_111211.html. Consultado o 2011-12-12.
- ↑ "JaVale McGee scores 22, adds 10 boards to guide Wizards past Bobcats again". ESPN.com. 2012-01-28. http://scores.espn.go.com/nba/recap?gameId=320128030. Consultado o 2012-01-29.