Lycaon pictus
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
| Artigo nos seus primeiros pasos. Este artigo relacionado coa zooloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel e contribúe a que a Galipedia mellore e medre. Existen igualmente outros artigos relacionados coa zooloxía que precisan de revisión e nos que posibelmente tamén poidas contribuír. |
| Licaón | ||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Estado de conservación | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
| Nome científico | ||||||||||||
| Lycaon pictus | ||||||||||||
O Licaón ou lobo pintado (Lycaon pictus), é un animal mamífero pertencente á familia dos cánidos, que habita na sabana africana. É un can salvaxe de mediano tamaño, depredador e cazador en xaurías, cuxa ferocidade é característica da especie. Habita en manadas e, no caso de se atoparen en perigo, todos os membros da comunidade bótanse agresivamente contra o intruso.
Índice |
[editar] Descrición
Pertence a un xénero monoespecífico, Lycaon. Son endémicos do continente africano, máis típicos en ambientes sabanoides. O nome científico ou latino significa lobo pintado, facendo referencia á súa pelaxe tricolor de manchas negras, brancas e óxido distribuidas irregularmente, quitando a parte delanteira da cara e da gorxa, que seempre adoitan ser negras. Resulta característico da especie que non haxa dous individuos co mesmo patrón de manchas. Pode chegar a medir até 75 centímetros de altura na cruz e acadar os 30 kilos de peso. Oas machos son máis corpulentos que as femias. Ten grandes orellas redondeadas. Posúe fortes mandíbulas.
[editar] Alimentación e hábitos
Os licaóns cazam en grupo e a través do traballo conxunto combinado cunha grande resistencia física, conseguen abater animais de dimensións moito maiores cas súas. As súas presas favoritas son antílopes de medio porte, coma os impalas, gacelas, e grandes herbívoros vellos, xoves ou feridos, como ñus e cebras. Os licaóns só se alimentam das presas que eles mesmos matan e endexamais se alimentan de carroña por moi frescas que estiveren. Son aínda exclusivamente carnívoros, e mesmo en épocas de escasez non se alimentan de insectos. Após dunha cacería, o grupo cazador regresa á base da manada e regurxita as porcións de comida para alimentar os xuvenís e os elementos adultos que quedaran para cuidar das crías.
Os licaóns non son territoriais e comparten o espazo con outras manadas veciñas. Cada grupo necesita dunha área entre 200 e 2000 km2 para vivir e cazar.
[editar] Reprodución
A reprodución nas manadas de licaóns está limitada ao par dominante, mais en anos bos ou en manadas grandes, unha ou duas femias subordinadas podem tamém procrear. Os restantes membros do grupo comparten a responsabilidade da educación dos xuvenís. O par alfa é monogámico e permanece unido para sempre.
A época de reprodución iníciase en xaneiro e prolóngase até maio. O período de xestación é de media de 10 semanas, e os xuvenís nacen entre marzo e xullo. Cada nai pode ter entre 2 a 20 crias. As tocas son en xeral reaproveitadas de outros animais, como o aardwark. Os xuvenís permanecem na toca, amamantados pola nai durante 3 ou 4 semanas. Ao final deste período comezan a ser alimentados polos restantes adultos, con comida regurxitada. Cerca dun mes e medio depois, son xa independentes dentro da manada.
A madurez sexual é alcanzada cando acadan o ano e medio de vida, pero xeralmente a primeira niñada se produza bastante despois. As femias abandonan o grupo orixinal con preto de dous anos e medio. A esperanza de vida media é de cerca de 10 anos.
[editar] Ameazas
O licaón atópase catalogado dentro das Lista Vermella de Especies Ameazadas da UICN coma "En perigo". As principais ameazas ás que fai fronte son a persecución directa polo ser humano, a transformación e fragmentación dos seus territorios e a propagación de enfermidades infecciosas coma a rabia, moitas veces transmitidas por cans domésticos ou asilvestrados. Ademáis, o seu tamaño relativamente pequeno fainos vulnerábeis á depredación por leóns, hienas, crocodilos e leopardos, especialmente no caso de manadas reducidas. Estímase que no ano 2007 quedan menos de seis mil individuos repartidos por unha serie de enclaves ao longo e largo da África subsahariana, ocupando unha reducida porción da súa área histórica de distribución.
[editar] Subespecies
- Lycaon pictus pictus
- Lycaon pictus lupinus
- Lycaon pictus somalicus
- Lycaon pictus saharicus
- Lycaon pictus manguensis