Guadalcanal, Illas Salomón
| Guadalcanal | |
|---|---|
| Vista da illa | |
| Datos | |
| Capital | Honiara |
| País | Illas Salomón |
| Localización | Océano Pacífico |
| Arquipélago | |
| Linguas | |
| Poboación (1999) | 109.382 hab. |
| Superficie | 5.336 km² |
| Densidade | 20´4 hab/km² |
| Coordenadas | 9°37′S 160°11′E / 9.617°S 160.183°E |
| Maior Altura | 2449 m. Monte Popomanaseu |
| Localización | |
- Para a vila española, véxase Guadalcanal
Guadalcanal (Oceanía), illa situada no suroeste do océano Pacífico. É a maior das illas Salomón. A súa extensión é de 5.336 km²;. A poboación é de 109.382 habitantes aproximadamente. A cidade máis importante é Honiara. No século XVI foi unha das illas do Pacífico polas que pasou a expedición de Álvaro de Mendaña.
Índice |
Historia [editar]
Descubrimento [editar]
A illa foi descuberta por Álvaro de Mendaña no 1568 nunha expedición dirixida a descubrir a lendaria Terra Australis Incognita baixo o reinado de Filipe II. O nome da illa foi posto polo explorador Pedro de Ortega Valencia (naquel momento, membro da expedición de Mendaña) en honra ao seu pobo natal, Guadalcanal, na provincia de Sevilla.
Colonización e Independencia [editar]
Aínda que a illa foi descuberta para a Coroa de Castela e Aragón, os esforzos españois en colonizala fracasaron. Ao longo dos séculos XVIII e XIX arribaron á mesma só misioneiros e distintos grupos de europeos. En 1885, a Compañía Alemá da Nova Guinea estableceu control sobre as illas Salomón. Con todo, a administración alemá durou pouco. En 1893, A parte sueste das Salomón foi convertida en protectorado británico e cinco anos máis tarde engadiuse a parte norte. En 1900, Alemaña transferiu os seus restantes dominios (con excepción de Bougainville e Buka) a Gran Bretaña a cambio da retirada británica de Samoa Oriental. Desde entón, como parte das Illas Salomón Guadalcanal foi ocupada pola Coroa Británica. En 1920 Bougainville e Buka foron postas baixo mandato australiano pola Liga das Nacións, mentres que Guadalcanal permaneceu baixo a coroa británica ata 1942, cando foi ocupada por forzas do Imperio de Xapón e, máis tarde, reconquistada por forzas estadounidenses (Ver Batalla de Guadalcanal). En 1976 a Coroa británica concedeu o autogoberno ás illas Salomón e dous anos despois, a independencia.
Batalla de Guadalcanal [editar]
O acontecemento histórico máis importante sucedido nesta illa foi a batalla de Guadalcanal, no marco da Segunda Guerra Mundial. A comezos de 1942 a illa achábase en poder do exército xaponés, a infantería de Mariña de EEUU chegou a Guadalcanal o 7 de agosto dese mesmo ano. O desembarco non tivo contratempos; pero a loita complicouse a partir dese momento, desatándose unha das batallas máis violentas desa guerra. Finalmente, os efectivos estadounidenses comunicaron o 9 de febreiro de 1943 a conquista da illa.