Tulagi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Tulagi
NggelaSolomons.png
Mapa das Illas Florida
Rainbow over Tulagi Island.jpg
Vista de Tulagi
Situación
País Illas Salomón
Provincia Central
Arquipélago Illas Florida
Mar Océano Pacífico
Coordenadas 9°06′S 160°09′E / 9.100°S 160.150°E / -9.100; 160.150
Xeografía
Longura máxima 5´5 km
Largura máxima 1 km.
Demografía
Capital Tulagi
Poboación 1.516 hab. (2007)

Tulagi, tamén coñecida como Tulaghi, é unha pequena illa, cunhas dimensións de 5'5 km por 1 km nas Illas Salomón, ao sur das Illas Florida. A cidade do mesmo nome que a illa, (1.750 hab.) foi a capital do Protectorado das Illas Salomón de 1896 a 1942, e é a día de hoxe a capital da Provincia Central.

A illa foi elixida orixinalmente polos británicos como unha alternativa relativamente illada e máis saudable que ás illas máis grandes das Illas Salomón plagadas de enfermidades.

Segunda Guerra Mundial[editar | editar a fonte]

Xapón ocupou Tulagi o 3 de maio de 1942, coa intención de establecer unha base aérea. Os barcos presentes en Tulagi foron atacados por avións do USS Yorktown ao día seguinte, no preludio da Batalla do mar do Coral.

As forzas estadounidenses, primeramente os Marine Raiders, arribaron o 7 de agosto e capturaron Tulagi tras un día de duros combates.

Tras esta captura, Tulagi converteuse nunha importante base naval americana durante a Guerra do Pacífico, asumindo protagonismo en batallas como a batalla de Guadalcanal.

Un pequeno dispensario con 20 camas funcionou en Tulagi ata a súa pechadura en 1946.

Buceo[editar | editar a fonte]

Tulagi ofrece unha excelente area de buceo. Os restos dos USS Aaron Ward, USS Kanawha, e HMNZS Moa están moi preto, e os restos do Ironbottom Sound non están moito máis lonxe. O Ward está considerado como un dos grandes naufraxios do mundo, o casco atópase nun fondo de area a 70 metros, está a uns 20 metros por debaixo da liña de seguridade na que se pode mergullar con seguridade con aire comprimido. O Ward atópase en posición vertical e intacta, ca cuberta chea de artefactos.

Tulagi ten unha industria turística desenvolvida baseada no buceo, con todo, debido aos disturbios civís, a industria atópase en grave perigo.

Presente[editar | editar a fonte]

A día de hoxe, Tulagi é un importante porto pesquero das Illas Salomón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tulagi