Provincia de Guadalcanal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Provincia de Guadalcanal na Illas Salomón.

A Provincia de Guadalcanal é unha das nove provincias das Illas Salomón, consistente na illa de Guadalcanal sen incluír o Territorio da Capital. Posúe 5.358 km² que son maiormente selva. O seu nome deullo Pedro de Ortega Valencia, que naceu na vila de Guadalcanal en Sevilla, España. A capital das Illas Salomón, a súa maior cidade, Honiara, áchanse na illa; mais, desde xullo de 1983, está separada administrativamente como Territorio Capital, cunha área de 22 km², e non forma parte da provincia. A poboación da provincia é de 60.275 habitantes (1999),[1] que incluíndo a capital, Honiara, daría un total de 109.382 habitantes (1999) na illa de Guadalcanal. Honiara tamén é a capital da provincia.

Notas[editar | editar a fonte]