Galiza Ceive-OLN

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "GC (OLN)")

Galicia Ceibe-OLN (posteriormente cambiou o nome a Galiza Ceive-OLN) foi unha organización independentista de esquerdas impulsada polo Partido Galego do Proletariado en 1980 como a súa fronte de actuación política, aínda que a PGP utilizouna orixinalmente tan só como unha plataforma para concurrir ás eleccións municipais de 1979 en Vigo.

Historia[editar | editar a fonte]

Tras a disolución do PGP en 1981 GC-OLN ocupará o seu espazo político, a independencia plena sen excluí-la loita armada. En 1982 foi unha das forzas de deu orixe ó BNG pero deixou a organización na propia Asemblea Constituínte ao se decidir a participación do BNG nas eleccións. O seu voceiro era a revista Espiral.

Nas eleccións de 1983 formou xunto ó PCOE e independentes as Candidaturas de Unidade Popular que presentou candidaturas en Vigo e Pontevedra. Diante os malos resultados acadados Xosé Luís Méndez Ferrín propón a fins de ano na VI Asemblea Nacional a autodisolución da organización o que é rexeitado pola maioría, a minoría abandonou a organización. Nesa Asemblea decidiuse mudar o nome a Galiza Ceive-OLN e adoptar a ortografía reintegracionista, Antón Arias Curto convértese no líder máis destacado.

A organización deu soporte ideolóxico ó Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive.

En 1988 xunto o Partido Comunista de Liberación Nacional, escisión da UPG formou a Frente Popular Galega, integra a outro grupo que formaba parte da FPG procedente do PCLN, os Grupos Independentistas Galegos formado por universitarios da USC, ó ano seguinte Galiza Ceive-OLN decide deixa-la organización por diferenzas na estratexia da organización e autodisólvese para formar a Assembleia do Povo Unido.