Antón Arias Curto
| Antón Arias Curto | |||
|---|---|---|---|
| Nome completo: | Antón Arias Curto | ||
| Alias: | |||
| Data de nacemento: | 1944 | ||
| Lugar de nacemento: | Monforte de Lemos, Galicia |
||
| Data de falecemento: | |||
| Lugar de falecemento: | , | ||
| Organización: | Loita Armada Revolucionaria Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive |
||
| Cargo (s): | |||
| Profesión: | Mecánico industrial | ||
Antón Arias Curto, nado en Monforte de Lemos en 1944, é un militante independentista galego.
Índice |
[editar] Traxectoria
Traballou como mecánico industrial e durante o franquismo foi un dos fundadores do Partido Comunista de Galicia en París en 1969, e o Tribunal de Orde Pública condenouno en 1970. A morte de Moncho Reboiras e a de dous traballadores en Vigo en 1972 vaille achegar ao independentismo galego.
Nas eleccións municipais de 1979 foi escollido concelleiro en Monforte de Lemos por Unidade Galega. Detido polo seu vínculo con Loita Armada Revolucionaria (LAR) en setembro de 1980, tamén foi acusado de recibir armas a través do membro de ETA Txomin Iturbe, quen llas entregou en Vitoria - Gasteiz[1].
En 1983 o goberno do PSOE amnistiouno, pero en 1986 foi un dos principais responsables[2] da fundación do Exército Guerrilheiro do Povo Galego Ceive (EGPGC). Foi novamente detido o 5 de maio de 1988[3] e condenado a 10 anos de prisión. En setembro de 1995 foi liberado ao cumprir as dúas terceiras partes da condena.
[editar] Notas
- ↑ "Nacionalistas gallegos, acusados de mantener contactos con ETA" artigo de Perfecto Conde en El País, 7 de setembro de 1980 (en castelán).
- ↑ Manuel Anxo Fernández Baz, A formación do nacionalismo galego (1963-1984), Laiovento, 2003, páx. 167
- ↑ "Del comunismo al nacionalismo" artigo de Xosé Manuel Pereiro en El País, 30 de maio de 1988 (en castelán).
[editar] Véxase tamén
[editar] Outros artigos
[editar] Ligazóns externas
- Entrevista en El Mundo, 26 de setembro de 1995 (en castelán).