Somme
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Somme é un departamento francés situado na rexión de Picardía. A súa capital (ou prefectura) é Amiens. Recibe o seu nome do río homónimo. Os seus habitantes denomínanse, en francés, sommois.
Índice |
Xeografía [editar]
- Límites: ao norte con Paso de Calais e —brevemente— con Norte, ao leste con Aisne, ao sur con Oise e Sena Marítimo, e ao oeste co Canal da Mancha.
Historia [editar]
O departamento creouse na Revolución francesa, o 4 de marzo de 1790, en aplicación da lei do 22 de decembro de 1789.
A Batalla do Somme tivo lugar aí en 1916, no curso da Primeira Guerra Mundial.
Demografía [editar]
| 1801 | 1831 | 1841 | 1851 | 1856 | 1861 | 1866 |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 459.453 | 543.924 | 559.680 | 570.641 | 566.619 | 572.646 | 572.640 |
| 1872 | 1876 | 1881 | 1886 | 1891 | 1896 | 1901 |
| 557.015 | 556.641 | 550.837 | 548.982 | 546.495 | 543.279 | 537.848 |
| 1906 | 1911 | 1921 | 1926 | 1931 | 1936 | 1946 |
| 532.567 | 520.161 | 452.624 | 473.916 | 466.626 | 467.479 | 441.368 |
| 1954 | 1962 | 1968 | 1975 | 1982 | 1990 | 1999 |
| 464.153 | 488.225 | 512.113 | 538.462 | 544.570 | 547.825 | 555.551 |
Notas:
- O 1 de xaneiro de 1971 a comuna de Ytres (442 habitantes en 1968), pasou a Paso de Calais.
- O 1 de xaneiro de 1974 a comuna de Beauvoir-Rivère (180 habitantes en 1968) pasou de Paso de Calais, fusionándose con Wavans-sur-l’Authie para formar Beauvoir-Wavans.
As principais cidades do departamento son (datos do censo de 1999):
- Amiens: 135.501 habitantes, 160.815 na aglomeración
- Abbeville: 24.567 habitantes, 26.049 na aglomeración
Ligazóns externas [editar]
- Prefectura (en francés)
- Consello Xeral (en francés)
- Fotografías de Somme (Picardie) (en francés)